Este home é escritor e poeta. Deuse a coñecer como tal coa obra “Voce na néboa” en 1957.
Foi doutor en filoloxía e catedrático de literatura no Instituto Santa Irene de Vigo. Tamén estudou na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Madrid.
Colaborou no Faro de Vigo e foi director da revista A Trabe de Ouro. Tamén foi membro do grupo literario nacionalista Brais Pinto, o que estivo composto por el mesmo e a parte por Bernardino Graña, Ramón Lorenzo, Alexandre Cribeiro, entre outros. Eran un grupo de estudantes de letras que vivían en Madrid, o que levou a cabo unha intensa actividade cultural e literaria.
Xosé Luís foi membro da Real Academia Galega. Preparou a edición crítica do “Cancioneiro de Pero Meogo” en 1966, e como ensaísta publicou “De Pondal a Novoneyra” en 1984. En 1999 foi candidato pola Asociación de Escritores en Lingua Galega para o Premio Nobel de Literatura.
Unhas das súas obras son:
Amor de Artur (1982)
Antoloxía popular (1972)
Antón e os inocentes (1976)
Arnoia, Arnoia (1985)
Arrabaldo do Norte (1964)
Arraianos (1991)
Bretaña, Esmeraldina (1987)
Con pólvora e magnolias (1977)
Crónica de nós (1980)
De Pondal a Novoneyra (1984)
Elipsis e outras sombras (1974)
Erótica (1992)
Estirpe (1994)
No ventre do silencio (1999)
O crepúsculo e as formigas (1961)
O fin dun canto (1982)
Percival e outras historias (1958)
Poesía enteira de Heriberto Bens (1980)
Retorno a Tagen Ata (1971)
Sirventés pola destrucción de Occitania (1975)
Artigos periodísticos que escribiu:
Viva San Roque!
Voce na néboa
Tamén vos deixo unha noticia del e uns vídeos dunhas das súas obras:
-Noticia
-O Suso (vídeo)
-Reclamo a liberdade pró meu pobo (vídeo)