Amosando publicacións coa etiqueta XÉNERO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta XÉNERO. Amosar todas as publicacións

31/01/11

A Violencia de Xénero

A Violencia de Xénero provoca moitas víctimas cada ano no mundo, un mal que debemos erradicar entre todos o antes posible. As agresións e asasinatos de mulleres aparecen a diario nos periódicos, son tan cotidiáns que empezan a asumirse coma algo inevitable.

A sociedade non é xusta nin igualitaria, se a sociedade fose máis xusta todo cambiaría. A Violencia de Xénero é un mal social que afecta a moitas familias e deixa moitas víctimas ao ano.
O uso da violencia non está xustificado, débese fuxir dunha relación na que non nos sintamos respetadas.


Afortunadamente existen leis contra esta lacra e organismos que se preocupan de protexer e asesorar á muller no caso de ser obxecto desas humillacións físicas e psíquicas.


É fundamental a educación que se recibe nos centros educativos e no seno da familia, xa que, dende ahí a educación irá encamiñada no respeto, no diálogo, na comprensión...

Por iso é moi importante que nos manteñamos unidos ante este mal.

Premede aquí se queredes ver este vídeo.

09/12/10

Violencia de Xénero





SON XA 65 VÍCTIMAS DE MORTE POR ABUSO ÁS MULLERES ESTE ANO.
Unha muller o un home , teñen que ser donos da súas vidas ,dos seus pensamentos e ter independencia propia.
¡Temos que unirnos contra a violencia sexista!
Pouco a pouco , estase empezando a concienciar á xente deste mal social por diferentes vías, como: Nos centros educativos,nos medios de comnunicación,proporcionar casas de recollida,pisos tutelados,unidades específicas de atención en comisarías,políticas de discriminación positiva no acceso á vivenda ...
¿Acaso somos donos de alguén?
"A sociedade non é xusta nin igualitaria, se a sociedade fose máis xusta todo cambiaria".
A violencia é o medo as ideas dos demais, e pouca fe nas propias. A violencia pode ser de varias maneiras , ou ven , spicolóxicas , ou ven , físicas ,tamén aprovéitanse mediante a forza para facer dano e humillalas (acoso sexual , tortura, violacións , maltrato físico , maltrato spicolóxico....).



28/11/10

PREME NA IMAXE

IES ELVIÑA
BIBLIOTECA
NORMALIZACIÓN


OS NOSOS TRABALLOS NAVEGAN POLA REDE
E, POR RIBA, RECIBIMOS PARABÉNS
SERÁ PORQUE OS MERECEDES

Non á violencia de xénero.

Cada semana, máis dunha muller, é maltratada ou asasinada pola súa parella.
Dende o principio de curso, xa son 65 as mulleres mortas e se deixamos que siga, serán moitísimas máis.
Todas as marcas que lles deixan físicamente, poden desaparecer, pero non as psicolóxicas .
Doe ver nas noticias, que todos os días, encontran a unha muller morta brutalmente e pensar que pode ser a nosa nai, irmá, amiga ou coñecida.
Tamén hai unha minoría de homes maltratados.
Sofren en silencio, por medo a que lles fagan dano a elas, ou aos seus fillos, que o pasan aínda peor. O medo que teñen fai que intenten esconder ao maltratador que non sabe o valor que teñen esas mulleres e a súa valentía.
Debemos pensar na súa igualdade, dereitos e felicidade.
O 25 de novembro, celébrase o día da eliminación da violencia de xénero.
Nalgunhas partes de España, recórdanse todas aquelas mulleres que perderon a vida nas máns dun machista.
Di non á violencia de xénero.

27/11/10

NON ESQUECEMOS....

Non é só un día cando nos lembramos da violencia que sofren as mulleres... as cifras seguen aumentando. 

  • Imos completar esta presentación -entre tod@s- aportando as diapositivas que nos fagan falta para expresar o noso sentimento ante estas continuas agresións .
  • Traballamos en GoogleDocs -co nome de usuario e o contrasinal de sempre- .
  • Tentaremos manter unha unidade global na presentación - cores, letras, tamaños... TIPOGRAFÍA
  • Lembra que é conveniente crear moito "ruído visual" que interrumpa a comunicación da mensaxe que queres trasmitir. 
  • Procuramos NOTICIAS variadas que informen sobre os actos que se levaron a cabo arredor do 25 de Novembro.
  • Diferenciamos OPINIÓN e   INFORMACIÓN
  • Engadimos unha ligazón que enlace coa fonte de inspiración: DEREITOS DE AUTOR
  • TRATASE de presentar diferentes PERSPECTIVAS por iso, é importante, que antes de decidir, botes unha ollada ao que están facendo outr@s, para non repetir e enfoques.

RECURSOS

MACHISMO
TITULARES DO DÍA
PUBLICIDADE
ARTE
IMAXES 
PRENSA DIXITAL
CONTRASTE DE NOTICIAS
GLOGS
XORNALISTAS EN PRÁCTICAS


AVALIACIÓN 


26/11/10

Loita contra a violencia de xénero.

A violencia de xénero, afecta a todas ás mulleres de todo o mundo, isto inclúe malos tratos, asasinatos  no fogar, violacións, maltrato psicolóxico e físico...
Nesta situación as mulleres non están soas, pódese contar coa axuda de centros de información as mulleres, e asociacións especializadas.
 Mulleres que xa non son donas de si mesmas, renuncian a súa vida intentando xustificar ao maltratador e acaban dubidando delas mesmas.
A violencia contra a muller comeza na infancia e é na familia onde principalmente se exerce esa violencia. A familia é especialmente vulnerable á violencia e a nena sufre un plus añadido pola súa condición femenina. A conversa, xeneralizada en determinadas comunidades e ineludiblemente ligada ao sexo femenino, ao comercio sexual, únese unha máis unha máis estricta autoridade paterna, exercida tamén polos irmáns e unha educación descriminatoria que limita as súas expectativas vitais.

O día contra o maltrato, celebrase, por todas as mulleres, que son maltratadas durante todo o ano, pero especialmente en homenaxe ás irmáns Minerva, Patria e María Teresa Mirabal, que en 1960 foron asesinados por orde de Leónidas Trujillo, dictador da República Dominicana.

Letra en galego.

Aquí deixovos coa letra en galego da canción que estivemos escoitando hoxe.

VOU SOBREVIVIR.

No comezo eu tiña medo
Estaba petrificada.
Seguía pensando
Que nunca podería vivir sen ti no meu lado.
Pero entón eu pasei moitas noites
Soamente pensando como me machacou.
E eu me volvín forte.
Cómo aprender a tratar.E agora estas de volta
Do espazo exterior.
Eu entrei e atopeiche aquí
Sen ese ollar no seu rostro.
Eu debería cambiar a pechadura.
Eu debería ter feito deixar a chave,
Se eu soubese, só por un segundo
Que estarías de volta solo para incomodar
Ah, agora vai,
Sal pola porta.
Só da a volta .
Agora, non é máis benvido..
Non foi vostede quen tentoume romper?
Pensas que eu ía afundir?
Pensas que eu abandonaría e morrería?
Non, non.Sobrevivirei
A pesar de saber amar, sei que vou estar vivo.
Eu teño toda a miña vida para vivir.
Eu teño todo o meu amor para dar.
Sobrevivirei
Sobrevivirei.
Si, si.Levou toda a forza que tiña
Non caer en pedazos.
Estou intentando xuntar os cachiños
Do meu corazón partido.
E eu pasei moitas noites
Sentindo pena de min mesmo.
Eu choraba
Pero agora non me avergoño.E xa me ves
Cunha nova persoa.
Eu non son esa persona estúpida enamorada de ti.
E esperabas que só pasarías de visita
E esperabas atoparme libre.
Pero agora eu estou gardando todo o meu amor
Para alguén que me ame.

23/11/10

NON CALES, COMUNÍCATE

Se falamos de violencia de xénero, falamos dos maltratos que sofren as mulleres. 

Enténdese por maltrato calquera acto psíquico ou físico.
En España morreron xa máis de 60 mulleres.

As mulleres que sofren a violencia teñen que decirllo a alguén de confianza, para que o poidan solucionar.
Cando unha familia ten problemas co maltrato de xénero, os fillos sofren aínda case máis cás nais. 

Aí mando un video que encontrei que pode que vos interese, se o queredes ver premede aquí.
 E tamén fixemos un glogster , esperamos que vos guste . Se queredes velo premede aquí.

22/11/10

Non á violencia contra as mulleres.

A violencia de xénero é aquela que afecta ás mulleres. Prodúcese en moitos ámbitos (familiar, laboral...) pero onde soen afectar máis é no ámbito familiar. 



É o primeiro ano que nos falan máis a fondo de todo isto, pero xa escoitaramos algo na televisión, na radio, en xornais e en cursos pasados. Debe ser que  nos imos facendo maiores e estes temas xa nos interesan máis - igual que os rapaces-.
A violencia de xénero é a primera causa de morte, despois do cáncro, accidentes de tráfico...

Son xa 65 víctimas de morte por abuso ás mulleres este ano.
No ano 2007 morreran máis de 80.

Non credes que é para pensar? Nós teremos algo que aportar para que esta situación cambie? Informarse e falar entre nós disto é o primeiro.
Aquí vos deixamos un enlace dun vídeo que é bastante triste pero que fai pensar moito. Nós cremos que está moi ben .


Recordade que nunca se pode dar unha segunda oportunidad á violencia e sempre na primeira agresión, pedir un tipo de axuda.

Arriba na dereita, tedes unha foto que, como podedes observar, explica como son os pasos desta enfermidade social, que comeza por pequenas cousas e acaban complicándose moito. Premede na foto e botarlle unha ollada.

Xa desde agora, nós debemos analizar o tipo de relación que establecemos coas nosas "parellas" ou "amigos/as  máis ou menos íntimos", pois tal como o montemos agora, que estamos aprendendo, así serán as nosas relacións futuras.
AH! Por certo! Non é cousa só de rapazas o de ter que pensar. Os rapaces tamén son protagonistas nesa relación e todos podemos estar equivocados en como montar as nosas historias.
O máis importante é falar, expresar cada un os seus pensamentos, dúbidas, temores, inseguridades... e poñernos de acordo.

21/11/10

25 de novembro, ponlle freo á violencia de xénero

A violencia de xénero é unha cousa que por desgraza afecta a moitas mulleres no mundo e que temos que procurar erradicar entre todos o antes posible, neste ano xa son 65 as vítimas. As agresións e asasinatos de mulleres aparecen a diario nos periódicos, son tan cotiáns que empezan a asumirse como algo inevitable. 

A violencia de xénero inclúe malos tratos, asasinatos no fogar, violacións, acoso sexual, tortura, maltrato sicolóxico e físico... 
   
Decídese celebrar o día 25 de novembro por acordo das participantes do "Encontro feminista latinoamericano e do Caribe" no ano 1981, en Bogotá, en xullo.

Celébrase por esta causa, pero en particular, en homenaxe ás irmás Minerva, Patria e María Teresa Mirabal, que en 1960 foron asesinadas por orden de Leonidas Trujillo, dictador de República Dominicana.

Pouco a pouco estase empezando a concienciar á xente deste mal social por diferentes vías, como: nos centros educativos, medios de comunicación,
proporcionar casas de acollida, pisos tutelados, unidades específicas de atención en comisarías, políticas de discriminación positiva no acceso á vivenda...

Aquí podes ver o meu 1º glog e 2º glog, que falan deste tema.

A Violencia de Xénero

Somos conscientes de que estamos ante un problema que nos afecta a todos?
A violencia de xénero é un mal social que afecta a moitas familias e deixa moitas víctimas o ano.
Mulleres que xa non son donas de si mesmas, que renuncian a súa vida intentando xustificar ao maltratador, e acaban dubidando delas mesmas. O uso da violencia non esta xustificado, debemos de fuxir dunha relación na que non nos sintamos respetadas, acaso somos donos de alguén? Non lle pertences a ninguén. Porque nesta loita non estamos soas, pódese contar coa axuda de centros de información as mulleres e asociacións especializadas.

Por iso é moi importante que nos manteñamos unidos ante esta situación, e sobre todo, que dende pequenos recibamos unha educación encamiñada no respeto, no diálogo e na comprensión.
Se queredes ver o glog de Fernando e meu premede aquí.


Entre todos temos que intentar frear esta lacra

Campaña do concello da Coruña.
Preme na imaxe para agrandar.
   Para mín, considero que a algo cambiou xa na  violencia de xénero, pois ata hai moi pouco formaba parte da vida privada das persoas e  era tomado como un asunto da familia, e polo tanto privado e que non tiña que transcender de portas para fóra.
   Si, agora mesmo, afortunadamente isto cambiou; e a sociedade deixouno de ver coma un problema menor:  Existen leis contra esa violencia e organismos que se preocupan de protexer e asesorar á muller nos casos de ser obxecto desas humillacións físicas e psíquicas. 
   É fundamental a educación que se recibe nos centros educativos. Porque é aquí, onde se pode contruír unha sociedade xusta e igualitaria. 
E se todos nos mentalizamos, conseguiremos desterrar este grave problema.

 Entre todos temos que intentar frear esta lacra.

Para ver máis fotos sobre a campaña do concello preme aquí.
Outras campañas AQUÍ.

O noso glog AQUÍ.

19/11/10

A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Cando falemos do maltrato de xénero case sempre pensamos no maltrato a muller, e é verdade xa que o porcentaxe de maltrato masculino e moitisimo máis baixa ca das mulleres. Esta discriminación afectalles tamén a súa vida laboral xa que a hora de cobrar gana máis un home cunha muller facendo o mesmo traballo. Dentro da violencia doméstica existe unha un maltrato psicolóxico que trae consigo a intención de humillar e facer sentir mal a unha persoa.

17/11/10

25 novembro: Tod@as contra a violencia de xénero

Que é a violencia de xénero?
Bota unha ollada tamén a esta páxina


 Elixe algunha entradiña e escribe no noso blog un post segundo o que che faga pensar. 
 Non publiquedes videos: facede unha ligazón, se o considerades oportuno, pois é a maneira de deixar constancia da páxina na que nos inspiramos e respectar os dereitos de autor.
Aquí a subxectividade ten que aparecer. Non é unha noticia. 



Outra proposta: facer un glog (mesmos datos que para entrar no blog) recollendo carteis, noticias, actos, videos, música.....


NESTOUTRA PÁXINA ATOPARÁS MOITAS MÁIS SUXERENCIAS


PODES TRABALLAR INDIVIDUALMENTE OU FORMANDO UN GRUPO
OS TRABALLOS HAN DE ESTAR PUBLICADOS O MARTES 23 PARA PODER DIFUNDILOS O 25 DE NOVEMBRO