Amosando publicacións coa etiqueta MNL50º. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MNL50º. Amosar todas as publicacións

10/04/11

Eu son Balbino, un rapaz da aldea, coma quen dis: "un ninguén"

Así dise chamar Balbino, a coñecida personaxe creada por Xosé Neira Vilas, gran escritor galego e creador da historia "Memorias dun neno labrego", na que reflexa a vida dun rapaz duns trece anos e a súa vida na aldea.
Este libro que se creou en 1961, foi un gran best-seller ata agora, xa que foi traducido a moitos idiomas.

Xosé Neira Vilas xa foi homenaxeado o cinco de xaneiro polo 50 aniversario do libro Memorias dun neno labrego, pola editorial Galaxia que sacou unha nova versión da obra. Feita polo pintor Luís Seoane.

Tamén, na Coruña farán unha exposición de Memorias dun neno labrego en todos os museos das bibliotecas da cidade.

Agora vouvos falar un pouquiño máis deste escritor:

09/04/11

Unha das mellores lecturas da historia da literatura galega.

O escritor Xosé Neira Vilas nacen nunha pequena aldea de Gres, pertencente ó Concello de Vila de Cruces, o 3 de novembro de 1928. Cando contaba con vinte anos emigrou a Bos Aires, cidade na cal estivo en contacto con importantes personalidades da cultura galega, e no ano 1961 pasa de Arxentina a Cuba.

A súa obra máis coñecida Memorias dun Neno Labrego publicada en Arxentina no ano 1961, xa cumpre 50 anos da súa publicación. É o relato galego máis lido de toda a historia da literatura galega, supera a decimoquinta edición e foi traducido a varios idiomas.
Esta novela intentanos relatar como era o estilo de vida nos anos 40 dun rapaz labrego chamado Balbino nunha aldea galega. Esta obra reflíctenos o mundo rural e a emigración.
O libro tivo como primeiro lector a Rafael Dieste, logo Luís Seoane que estivo interesado pola obra e ata fixo un debuxo para a cuberta da primeira edición.

08/04/11

Memorias dun neno labrego.



Xosé Neira Vilas (escritor e fillo de labregos), naceu en Gres, Vila de Cruces o 3 de novembro de 1928.


Como a súa infancia a pasou como labrego, inspirouse para escribir o seu libro "Memorias dun neno labrego".

"Memorias dun neno labrego" é o libro máis lido na historia da literatura galega que está traducido as linguas máis faladas.

Publicouse en Arxentina en 1961 pero foi escrito no segundo semestre de 1960. Nela, Xosé Neira Vilas, quería transmitir como era o estilo de vida nos anos corenta dun rapaz labrego de doce ou trece anos nunha aldea galega chamada Gres, en Vila de Cruces que ten que loitar contra a pobreza e as inxustizas da sociedade galega. E o libro empeza así:

-Eu son Balbino.Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre.

Luís Seoane amosou o seu interese pola obra e fixo un debuxo para a cuberta da primeira edición.


07/04/11

Balbino un neno labrego


"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademáis, pobre". Así comezán as reflexións do neno protagonista, no territorio limitado do mundo rural galego. Este é o pedaciño do principio do conto das memorias de un neno labrego.

Polo que lín este libro es un best sellers creado por Xosé Neira Vilas.

Xosé Neira Vilas escribiu tamén  :

Xente no rodicio

Camiño bretemoso




Este ano  fai 50 anos, xa medio sÉculo.
Deixolles unha reportaxe. Fagan clik AQUÍ .

06/04/11

UN GRAN ESCRITOR GALEGO

Xose Niera Vilas, e fillo de labregos, estudou comercio por correspondencia. En 1949 emigrou a Arxentina e en 1953 fundou as mocedades galegistas, e membro numerario da Real Academia Galega.

Algunhas obras:

-Memorias dun neno labrego.
-Cartas a Lelo
-Espantallo amigo
-Xente no rodicio

Commemorase o 50 aniversario da publicación da obra: "Memorias dun neno labrego". Este e un libro pequeno en páxinas,  pero moi importante polo seu impacto e motivo, tratase de Balbino, un neno de aldea e moi pobre que contanos as suas experiencias no carnaval, nas festas, sobre o loito familiar, ou a morte no seu perro Pachín. E un texto clásico da literatura xuvenil-infantil.

05/04/11

Memorias dun neno labrego


O escritor galego Xosé Neira Vilas, naceu en Gres, Vila de Cruces, o 3 de novembro de 1928,


Fillo de labregos, estudou comercio por correspondencia. No ano 1949 emigrou a Arxentina e entra en contacto con galeguistas como Luís Seoane, Rafael Dieste, entre outros .. mais tarde en 1961 marcha a Cuba coa súa dona.

Logo de trinta e un anos na illa caribeña , regresan a Galicia en 1994 para viviren en Gres onde dirixen a Fundación Xosé Neira Vilas e continúan coa labor cultural e periodístico.


Inspirouse na súa infancia para escribir o libro ``Memorias dun neno labrego´´

Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da literatura galega. Tanto coma as outras obras anteriores falan do mundo rural e a emigración.
Foi escrita en 1960. Nela pretendía contar como era o estilo de vida nos anos corenta dun rapaz labrego de doce ou trece anos nunha aldea galega.

04/04/11

O Best Seller da Literatura Galega

Memorias dun neno labrego é un dos libros máis importantes da literatura galega, escrito por Xosé Neira Vilas.

Este libro está situado no rexurdimento, nas emigracións dos galegos a América por falta de recursos aquí, entre os anos trinta e corenta...

Así comeza a novela:
"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais pobre."

Balbino é un neno aventureiro e vergonzoso pero a súa vez é picaro e valente. Ao longo da novela vemos crecer o personaxe envolto polos asuntos fundamentais da vida: o amor, o fracaso, a morte, a procura da felicidade, a moral e a loita pola dignidade.

A súa familia carece de recursos, e o pai é moi estricto, pero isto, non lle impedirá que lle sucedan moitas (des) venturas que plasmará nun caderno coa ilusión de que algún día se converta nun escritor de éxito, aínda que agora sente moita vergoña que alguén llo atope, xa que, nel reflexa os seus sentimentos.

- Creo que como bo lector debes ler este libro, porque garante unha historia entrañable que ben nos podería suceder a calquera de nós nesa época.

- Aquí déixovos isto para que o olledes: