Amosando publicacións coa etiqueta CASTAÑAZO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CASTAÑAZO. Amosar todas as publicacións

04/11/10

Imos de festa!

A semana pasada, como o día 22 era o cumpleanos de Tania, fumos ao Castañazo Rock. Estivemos buscando as entradas pola Coruña pero xa estaban esgotadas. Entón, pedímolas por correo ao Peggy Records, en Ourense. Antes de pedilas miramos os prezos, e como nos saía mellor o bono de dous días, collímolo. Saimos da Coruña o venres pola noite e xa fumos dereitas ao Hotel Mongay, onde encargáramos habitación facía un tempo.

 O sábado pola tarde inscribímonos nos xogos bravús que se celebraban o domingo. Pola noite había os seguintes grupos: Banda Bassotti, que viñan de Roma; Boikot, de Madrid; Ruxe-Ruxe, de Compostela e Alén de Chantada. O concerto que máis nos gustou foi Ruxe-Ruxe, porque ten unha música rock mesturada con sons galegos.
 O domingo pola tarde participamos nestes  xogos: o lanzamento de boina, que consiste en lanzala o máis preto do punto marcado; corrida de leiteiras, que consiste en levar as leiteiras dun punto a outro cunhas zocas e o mobemento de marcos, que trata de atopar cos ollos pechados o marco de pedra entre a palla seguindo as indicacións dos seus compañeiros.
 
E pola noite actuaron estes grupos: Obrint Pas, de Valencia; Fe de ratas, que viñan de Avilés; Dakidarría, de Nigrán; Guezos, Ourense e Cé-orquesta pantasma, de Vigo. O grupo que máis nos gustou foi Guezos, porque tiñan un estilo pop-folk moi interesante. E xa tivemos que vir para Coruña, moi trites e cansas por deixar toda aquela marcha.

O CASTAÑAZO ROCK

O venres  29 de outubro uns amigos e eu ,  decidimos ir a Chantada ao Castañazo Rock .

Despois de estar un bo rato no coche chegamos e fomos buscar un hotel onde dormir , ao pasar vimos un hotel que parecia bastante bo , chamabase : HOTEL RESTAURANTE MOGAY .


Cando chegamos ao hotel subimos as maletas e puxemonos a  dormir , un ratiño despois a secretaria  avisounos de que podiamos ir a cear xa , despois dunha boa cea acostamonos pa dormir .


 Ao día seguinte enteramonós de que había xogos , música , etc...


Xa cas entradas estaban encargadas as collimos e fomoa ao hotel para descansar para a noite .


Despois de descansar un bo rato baixamos a coller bebida e comida ,
cando chegamos xa estaban cos xogos , das moitas que había escollin a da lanzamento de boina ,cada un dos meus amigos colleron as demaís a turra da soga , a corrida de leiteiras e a maís chula para min o movemento de marcos .


A unica orquesta que vimos foi Ruxe-ruxe xa que estabámos cánsos , polo que escoitei da demas xente dixeron ca os demais foron xenais tamén.
O ultimo dia o 31 so quedaba o Castañazo infantil.
O castañazo infantil trataba de repertorios compostos por melodias e cantigas en galego pareciame que era para transmitir aos pequenos coñecementos de aspectos da cantiga galega , o gracioso era que  todos os pequenos participaron en , creacións das melodías , xogos musicais , etc ... Onde participaba a ORQUESTA PANTASMA .
Opciones de entrada
Xa acabado todo fomos ao hotel é ao día seguinte para casa outavez.


EN CONSTRUCIÓN

DE FESTA O VENRES

O venres 29 fomos a coller as entradas para ir ao castañazo rock.
Nós compramolas en Pub Besto Bravo, costounos 12 euros xa que as collemos anticipadas.

 Ao principio do camiño ivamos ben pero cando xa estabamos chegando ao castañazo perdemonos e estivemos preguntando aos avós e avoas da vila por onde se ia ,ao fin logramos chegar a festa da chantada.
O sábado ao despertar fomos a inscribirnos no lanzamento de boina que foi o xogo que máis me gustou comparado cos outros que vin como xogaban.
Tratase de lanzar a boina un dos equipos participantes no xogo eo que este situado máis cerca dun punto gaña.
Eu e máis os meus amigos:Diego,Carlos,Xurxo e eu,quedamos de terceiros porque o meu lanzamento non foi moi bo .
Os xogos deixaronos cansadisimos e logo fomosa reservar unha habitación a casa rural.
A que máis me gustou entre todas as orquestras foi a banda Bassotti que ven de Italia pero tamén estiveron ven a banda de Ruxe-Ruxe,Boikot e Alén.
Ese día estabamos moi cansos e fomos a durmir a Casa do Neto.
O domingo fomos a ver as orquestras que había e a que máis me chamou á atención foi a de Dakidarría a sua música era moi bonita e encantoume pero non tanto como a de Bassotti.
O domingo poola noite xa tivemos que marchar porque sa xe acabara o fin de semana .
Polo camiño encontramos a unha persoa cos seus amigos no coche que habían xogado ao lanzamento de boina e quedaron segundos por riba nosa.Por certo el tamén veu con nós ata a Ordes e despoi separamonos é así foi a nosa experiencia no Castañazo Rock.

Castañazo Rock 2010? Quen so vai querer perder?

Estába esperando ir ao castañazo rock dende facía moito tempo.Eu non sabía como era e estaba ansioso por chegar ao hotel, desfacer as maletas e marchar a festa onde nos esperaban os grupos máis incribles que chegaran nunca ao castañazo rock. Íamos marchar a festa cando meu pai me dí:
"Collede as entradas que xa empeza o concerto tocando Ruxe-Ruxe"
Pero eu pensaba que era el quen tiña as entradas e tibemos que ir correndo ata o café Meigo.

Ao final chegamos atempo cando ían empezar e estibemos ali ata as 6 da maña
escoitando todos os grupos.
Ao día seguinte almorzamos e fomos visitar un pouco o lugar e xogar os concursos, eu so xoguei ao aro e aos birlos e nos dous perdin contra un rapaz de 20 anos que segun dixome el levava todo o ano practicando para gañar esta vez.

Fomos ao concerto do domingo e marchamos de volta para casa.

02/11/10

De festa en Chantada

Esta fin de semana 30-31 de outubro celebrouse o Castañazo rock en Chantada, coincidindo coa coñecida celebración do Halloween ou Samaín. Eu creo que foi máis compricado conseguir as entradas que toda a viaxe. Tivemos que ir ata Café Meigo-Alemaña en Chantada a por elas porque na Coruña xa se esgotaran.

Saímos ás cinco da casa eu mais os meus pais, para chegar aló pasamos dúas horas no coche; había que chegar pola autoestrada ata Santiago, despois ir ata Lalín e tirar para a esquerda, seguindo rectos chegamos a Chantada. Ese día, sábado, actuaban: Banda bassotti, que non me gustou moito porque cantaban cunha voz demasiado bruta; Boikot, tampouco me gustou, cantaban moi mal; Ruxe-ruxe, que xa me gustou un pouco máis; e Alén, tamén me gustou algo máis que o resto, pero aínda así parecíame de novo moi bruta a voz. Non sei por que, pero parece que cantan a berros. 

O domingo estiveron: Obrint pas, foi dos poucos que me gustou algo máis; Fé de ratas, non digo que non aia xente á que lle gusten, pero a min non; Dakidarria, uf! foi dos que menos me gustou pola mesma razón que os primeiros; Guezos, bueno, polo menos a música era un pouco mellor, tiñan máis ritmo; e Cé orquestra pantasma, dos peores, o peor!

Perdoade polas opinións, pero non podo dicir que me gustaron cando non. Non sei como o meu pai puido engaiolarme para vir aquí. Está visto que non hai coma a Panorama.

O que máis me gustou foi a celebración do magosto coas castañas, enchinme delas.

Dos xogos, o que máis me gustou foi o de movemento de marcos, foi moi entretido e divertido, pero gañáronme.

Pola noite fomos durmir ao pavillón de deportes, pero como non chegamos a tempo e xa estaban todos os sitios collidos tivemos que ir buscar un hotel a última hora.

01/11/10

O mellores concertos en castañazo rock

O castañazo rock  empeza o día 30 de Outubro e acaba o 31 do mesmo mes.
A  min, a miña  entrada  costoume 18 euros.
Eu o sábado fun á ver as bandas:  Banda Bassoti que canta ska italiano. A canción que máis  gustoume foi ''Figli della stessa rabbia''. Outro dos grupos que tocou era de Compostela chamase Ruxe Ruxe tocan rock a miña canción preferida deles es Xigantes. Ós demaís grupos do sabadó non  gustaronme nada eran moi aburridos.
 Fumos a un restaurante que non me lembro do nome, eu comín tortilla de patacas que porcerto estaba ben boa.
Pola tarde apeteceunos ir a xogar aos xogos que no castañazo rock había moitisimos xogos, pero o que máis gustoume foi a corrida da leiteira porque meu irman, máis dous curmans meus  e eu,  xogamos e quedamos os terceiros de 6 equipos que xogaron. 
O domingo non o pasei tamben como o sábado pero estivo ven.
Tocaron os Fe de ratas  a súa música non gustoume nada pero, despois un que me gustou a medias foi Obrint Pas. Ós que estiveron ven foron os outros dous que un era Guezos e o outro era Dakidarria. Estiveron  ben. Aunque non coñecía ningún dos grupos só coñecía os Ruxe Ruxe ninguen máis .
O domingo non puiden xogar a ningun xogo porque me tiña que ir e non tiven tempo.
Para min toda a xente debería ir o ano que ven.   

30/10/10

CASTAÑAZO ROCK 2010

O venres pola tarde emprendín cun grupo de amigas a viaxe ao festival Castañazo Rock, en Chantada, Lugo.
Esta xa é a oitava edición, é curioso como se creou este festival, naceu nun grupo de amigos que por mor do aburrimento, e de que viron que Chantada demostraba ter unha grande aficción polo rock, crearon o seu propio festival.
A verdade, é que eu oín falar moito del, porque alí vive unha tia miña, pero nunca fora, e este ano animeime.
O aloxamento xa o tiña (na casa da miña tia), e as entradas tamén, xa que mas mercou ela no Pub Besto Bravo, que está na rúa Castelao, preto da casa dela.


O Sábado despois de comer dirixinme cas miñas amigas ao pavillón, ese día actuaban as seguintes bandas: Boikot, Banda Bassotti, Ruxe-Ruxe e Alén. Gustáronos todas, pero a min en particular gustoume Alén, unha banda de rock contemporáneo que dá renda solta as súas inquietudes musicais. Despois do concerto fixemos unha parada no stand de camisolas para inscribírnos aos xogos, as miñas amigas e mais eu eliximos o de:  LANZAMENTO DE BOINA e TURRA-SOGA. Pasamolo moi ben, sobre todo, tirando da soga.


Xa cansas fúmonos para a casa a durmir, mañá esperábanos outro gran día.
O domingo xa recuperadas do día anterior, non quixemos perder tempo e voltamos a festa, nesta ocasión actuaban: Obrint Pas, Fe de Ratas, Guezos, Dakidarria e Cé-Orquestra Pantasma. O grupo que máis me impresionou foi Guezos, porque a música que fan é unha mezcla de rock, rumba, funk e folk. Aquí vos deixo un vídeo cunha das cancións que máis me gustou.

Se queredes que vos diga a verdade, foi un fin de semana esgotador, pero, mereceu a pena vir; xa lle prometín a miña tia que voltaría o próximo ano.

Unha boa festa!

O venres pola mañán, un grupo de amigos iniciamos a viaxe cara Chantada (Lugo) nunha furgoneta de empresa do pai dun amigo. Levamos uns sacos de durmir, pois a nosa idea era aloxarnos de balde nun pavillón de deportes que habilitaba a organización do evento. Unha vez alí compramos as entradas en taquilla que costárannos 18€ un bono para os dous días (sábado e domingo). 


Ruxe-Ruxe
Das bandas que actuaron o sábado (Boikot, Banda Bassotti, Ruxe-Ruxe e Alén) a que máis me gustou foi Ruxe-Ruxe porque era unha banda de punk que tocaba moi ben. O domingo tamén tivemos actuacións de máis bandas: Obrint Pas, Fe de Ratas, Guezos, Dakidarría e Cé-Orquestra Pantasma. E destas a que me gustou foi Guezos, unha banda ourensán que tocaba pop-folk. O ambiente foi bastante tranquilo había xente de toda galiza e incluso estivemos a falar con xente que viña dende León e de Asturias.



Leiteira
Inscribímonos nun stand de venta de camisolas para participar en todo tipo de xogos e dixeronnos que formáramos un quipo de catro persoas. Apuntámonos á corrida de leiteiras que consistía en levar as leiteiras dun punto a outro calzando unhas zocas, pero porsuposto cun tempo marcado, gañaba o equipo que máis relevos conseguía dar. Neste xogo pasámolo moi ben e rímonos moito. A mín o xogo que máis me gustaba dos tradicionais era a rá, que por certo eu xa xogara en quinto; en ximnaxia.

O luns ao mediodía arrancamos para Coruña pero levamos algúns recordos como: camisetas, gorras, bolígrafos, etc. Invítovos a que vaiades o ano que ben, porque asegúrovos que é unha esperiencia inolvidable.

28/10/10

UN CONCERTO INOLVIDABLE (CASTAÑAZO ROCK)

O venres fomos cuns amigos ao Castañazo Rock 2010, en Chantada, Lugo. Compramos as entradas en Discos Portobello que está na rúa Ciega. Saímos ás doce da mañá e viaxamos en autobús que aproximadamente, durou unhas dúas horas e media.
Ó chegar o primeiro que fixemos foi buscar un lugar onde comer uns bocadillos. Depois fomos mirar onde durmir, pero como todo era moi caro, durmimos de balde no Pavillón de deportes do IES Val do Asma. Pola noite fomos a ver os concertos.
Os que tocaban eran: Banda Bassotti, Boikot, Ruxe-Ruxe e Alén.
O que máis nos gustou foi Ruxe-Ruxe porque a súa música, ten un toque de rock e músicas tradicionais galegas.
Os nosos amigos, apuntáronse algúns dos xogos que facían. Nós non queríamos, xa que non tiñamos moitas ganas.
Participaron en: Turra-Soga, que perderon contra uns cachimáns que tiñan moita forza; e no xogo do trompo, que gañaron por goleada.
Pásamolo moi ben. A verdade e que temos moitas ganas de volver para o ano.

26/10/10

De festa no Castañazo rock



O sábado e domingo fomos ao Castañazo rock! Compramos as entradas en "Discos Portobello" por adiantado e valeu 12 € unha persoa, xa que c
omo nós somos moi baixiños dixemos que tíñamos 11 anos e íamos cun adulto... Non pagamos a entrada! . Tivemos que ir a Chantada, por Lugo.

Ao chegar aloxámonos no hotel "Pazo do piñeiro", que parecía moi rural. O Sábado chegamos ás 10 cando comenzaron os concertos e estaba moi cheo. Cando entramos puxéronos unha pulseira cuns números para entrar e saír do recinto cando queiramos.
Pero ó entrar sacáronme a cámara de video.

Despois comezaron con: Alen, Boikot, Ruxe Ruxe....etc
Había xogos tradicionais entre eles:

-Lanzamento de boina.
-Turra-Soga
-Corridas de leiteiras
-Movemento de marcos
-A rà
-O aro
-Os birlos
-O trompo


O espectáculo deuse a cuberto xa que comezou a chover sen parar. Chegamos tarde ó hotel peron non dimos durmido porque tomamos moitos "Red-bulls"

25/10/10

Unha finde inolvidable!

Este fin de semana funme ao Castañazo Rock 2010 nunha vila que se chama Chantada en Lugo.

Un amigo conseguiume a entrada, mercounas en Discos Portobello (un pouco caras). O sábado pola maña collemos o coche e marchamos para Chantada, cando chegamos tivemos que buscar un lugar para  durmir, miramos hostais, hoteis e fondas pero non nos chegaba o presuposto  ........ entón nós quedamos no pavillón de deportes IES do Asma.......... no que durmimos de balde.

Unha vez atopado o sitio para durmir buscamos un luguar para comer, descansamos un pouco xa que tiñamos que gardar forzas para os concertos coma BANDA BASSOTTI, RUXE-RUXE, ALÉN é BOIKOT.

Das catro bandas que tocaron ese día a que máis me gustou foi RUXE-RUXE  que me encantou porque as súas cancións transmítenme moita alegría.
O concerto rematou moi tarde  e meu amigo pasárase un pouco cá bebida, entón fomos durmir, onde suei tinta para levalo a cama.

O domingo espertamos tarde, como non podíamos quedar para ver os concertos,antes de marchar fomos a apuntarnos aos xogos bravús coma a corrida de leiteira e lanzamento de boina; no xogo gañaba o que máis preto do punto asignado polo xurado, lanzei a boina, e fun o que peor quedou. Menos mal que no da leiteira quedei o primeiro.  Pasámolo moi ben pero marchamos cansos para casa.