Amosando publicacións coa etiqueta FIN 10/11. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FIN 10/11. Amosar todas as publicacións

05/07/11

NON ESTARÍA MAL

ESTE VERÁN UN PLAN  ... 
e se non vas, cóntanos a túa viaxe virtual

24/06/11

TANIA E DANA

A SÚA VISIÓN 


se aínda non fixeches a valoración ... a que agardas?
podes usar calquera das ferramentas que coñeces
veña... que agora temos tempo
se nos organizamos
un bocadiño


TRÁXICA NOITE NO SAN XOÁN CORUÑÉS

Praia Orzán na Coruña
Un mozo de 23 anos de orixe brasileira faleceu ao caer nunha fogueira en Labañou, mentres que outro de 42, de orixe arxelina afogouse na praia do Orzán.


Nesta noite o 061 atendeu a 83 persoas.



A festa da noite máis curta do ano tinguiuse de loito na Coruña co falecemento dun mozo durante as celebracións. O suceso produciuse pouco despois da medianoite, cando se procede o tradicional salto das fogueiras.
Barrio de Labañou
O mozo, de 22 anos e de orixe brasileira, que levaba xa varios anos vivindo en Galicia, animouse a participar na festa xunto aos seus amigos. Os mozos elixiron a zona de Labañou para celebrar a noite de San Xoán, apartados da multitude que se adoita amontoar na praia de Riazor. 
Ó parecer, segundo varias testemuñas presenciais, o mozo estaba disposto a saltar a fogueira como manda a tradición cando se produciu a traxedia. Escolleu unha fogata pequena pero ao tratar de coller carrerilla para pasar por encima, caeu noutra fogueira maior, duns tres metros de alto.
Aínda que o intentaron non foron capaces de sacalo entre as chamas. Ata o lugar do suceso desprazáronse axentes da Policía Local e Nacional e varios bombeiros que se encargaron apagar as fogueiras da zona.
Entereime da noticia pola mañá na televisión e decidín facer unha entradiña. 

23/06/11

A noite de San Xoán

Esta festa celébrase a noite do 23 ao 24 de xunio, e festexa a chegada do solsticio de verán. Consiste en encender unha fogueira coa finalidade de dar máis forza ao sol, xa que a paritir deste día os días duraban menos.
Según dín tes que saltar nove veces a fogueira para gozar de protección e boa sorte, aínda que o número de saltos varía según o lugar. Este rito recibe o nome de "San Xoán" para celebrar o nacemento desta persoa, que foi quen preparou a humanidade para a chegada de Xesús.


 Tamén soense hacer rituais simples, por exemplo, para pedir un desexo tes que encender unha vela as 12 de noite e poñer unha folla de hedra común e un papel onde teñas escrito o teu desexo debaixo da túa almoada. Ao día seguinte tes que queimar o papel e enterrar as cizas mais a folla de hedra no xardín ou nun macetero.

22/06/11

O último día...

Despois de dous cursos neste instituto vaiseme facer estraño irme. Deixarvos a todos. Ainda que sei que venme ben. Un cambio de aires cada certo tempo sempre é bon.

Deixo atrais moitos momentos convosco. Moitas, bon, ''moitas'' saidas, actividades. Moitos, moitos recreos, clases, risas, bromas, castigos...

Quixésemos ou  non, compartimos moitas horas xuntos e.. Creo que todos estamos de acordo con que non vais ser o mesmo agora que, algún cambianse de clase, outros vánse do instituto, outros repiten (non moitos, ainda que espero que ninguén) ... 

E, fago esta mini entradiña no blog, só para desexárvos un moi bó verán. Mellor que o anterior se eso é posible. Un bó San Xoan, que é mañá xa. Moita sorte para todos os que teñan que recuperar algo para setembro. Tamén quero desexarvos un bó curso, xa que eu non estarei convosco para comprobar que así o sexa, espero que me teñades informada de todo, eh! E, por último (creo) , quero decirvos que vos botarei moito, moito de menos a todos...
A Dana, miña Chú de Fernando Torres. Deséxote o mellor. O mereces!
A Alejandro, meu amigo, meu apoio. Non te esquecerei! Quérote delincuente!
A David. Estuda moito, rapaciño. Estou aquí para o que necesites.
A Marcos Coira o.. ''bonequiño'' da clase. Será estraño non terte todos os días facendome interrogatorios. Haha.
A Fernando. que aínda que este ano non estivésemos moi unidos... Botareite de menos!
A Adrián. Máis te vale aprobar todo, eh! Se non xa sabes a que te espera con os de primeiro!
A Alexander. Porque botarei moito de menos a ese neno que se senta no pupitre de diante.
A Noemi. Segue así! E vai ver moito a Panorama, eh! Haha
A Rubencinho, meu pequeño velociraptor. Cuidate moito e non asesines a niguén con a vara!
A Alessia, a miñá irmanciña, o meu olliño dereito. Quérote! Non me esquezas.
A Álvaro. Ai, Álvaro, cómo te botarei de menos, delincuente. Ven a visitarme pronto!
A Mónica, que ainda que tivésemos nosos más e nosos menos botareite de menos.
A Laura, segue así! Non cambies!
A Roberto (Culegah) Que esquecéraseme mencionarte! Botareite de menos! E a ver como te vai no novo insituto eh! Moita sorte, saúde e non te metas en lios. Aquí tes un amiga.
A Ana, que levamos 4 anos na mesma clase e agora toca separarnos. Non me olvides!
A Tania, miña loirinha. Segue así, pequena! Quérote moito!
A Xota Eme. Levamos na mesma clase cousa de 7 anos! Xa tiñamos que separarnos, non? Haha

E, claro a nosa profe. Pepa. Grazas polos teus conseños. Por esixirme. E por non conformarte conmigo. Vótanos moito de menos!(P.D. Sube as fotos, profe! Haha)

Quérovos moito a todos, nenos. Algún día virei a facervos unha visitña. Non me esquezades!

Xa é fin de curso.

Xa chegou a hora, despois de 9 meses e algo de clase, o IES Elviña pecha as súas portas. Dende que comenzou o curso pasaron un millón de cousas. 
Primeiro, a clase xa non era a mesma, fóronse e chegaron novos alumnos, fixemos novas amizades e a maioría madurou. Na miña clase todos os días pasaban cousas novas, aínda que non foran tan boas.
Algunhas das nenas ou nenos que apenas falaba ou xa non falaba directamente, agóra son persoas especiais para min.
Tamén estiven todo o curso sentada ao lado do meu compañeiro Iván, que aínda que sexa un pesado, quéroo moitísimo.
Durante todo o curso, estiven coa miña mellor amiga, Dana, que non está na miña clase, pero é o meu maior apoio. Quérote moito miña nena.
Podería falar marabillas doutras persoas, pero non teño moito tempo e quero ir directamente ao bo. Quero que saibades que vos quero.

O día 16, foi o festival de música do instituto. Todas as clases tocamos algo, menos os de primeiro, pero xa lles chegará a vez.

A mellor cousa que pasou ese día, a parte de que aprobara Natu, foi cando todos cantamos a canción do Mundial e a de Melendi. Parecía que todos eran amigos, que non había enfados, diferenzas que non existen.

Agóra acábase todo, e despois de 3 meses de vacacións, os que aprobamos pasamos de curso e ao mellor cambiamos de clase. Así que quero dicirlles aos de 2ª B que estivo moi ben estar ao voso lado e que vos quero moito.

 ASÍ VAI QUEDANDO XIADA DIXITAL
SE CRES QUE DEBEMOS ENGADIR ALGO...
SE QUERES FACER UNHA ENTRADIÑA INTERESANTE....
BÓTALLE UNHA OLLADA
SEGURO QUE HAI ALGO TEU
AGARDO AS TÚAS APORTACIÓNS



SE ESTE CADERNO EXISTE É GRAZAS A VÓS

ESCRIBIDE SOBRE O QUE VOS PETE, O QUE VOS GUSTE E O QUE VOS DEA A GANA


NON ESTARÍA MAL UNHA CARTIÑA EN GOOGLEDOCS SOBRE ESTE CURSO QUE REMATA.... ASÍ ANALIZAMOS UN POUCO A NOSA VIDIÑA E SEGUIMOS APRENDENDO XUNTOS

VOUVOS BOTAR DE MENOS
MOITAS GRAZAS POR TODO 
  

17/06/11

Festival de Ortigueira 2011

coma sempre... preme na imaxe
Vai preparando a túa visita 
(aínda que sexa virtual)

Que comían os nosos antepasados?

XA TEMOS CONTA!