Amosando publicacións coa etiqueta ESCRITA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ESCRITA. Amosar todas as publicacións

04/11/10

Noite de tormenta.

Un día uns nenos descubriron unha casiña en ruínas no pobo. Chamabánlle " A casa do medo".
Propuxéronse ir a vela por dentro e saber se de verdade daba tanto medo, como outros rapaces da aldea, dicían. Primero quierían saber se alguén sabía algo desa casa.

Foron á casa de Rafa a falar co avó.
- (Achegándose á porta) Avó estas na casa?
- Si, estou xunto da lareira.
- Sabes algo da casa, que esta ó final do pobo?
-Si, sentádevos e eu os conto.
(sentáronse os tres)
-Nesa casa, vivía unha familia rica. Era a mellor casa do pobo. Tiñan unha eira moi grande, sebe ó redor da casa e tiñan a adega chea de cousas, como por exemplo: viños, xamóns...
Eu xogaba cos nenos desa casa ó escondite e os lugares onde case sempre escondíamosnos era: no piorno, no alboio e no pombal, onde eu caín varias veces subindo a escada.
Un día, empezou chover moi forte e eu tiven que marchar para a casa. Os meus amigos foron explorar o faiado e encontraron un libro. Empezou unha tormenta, con fortes relámpagos.
Un raio ía caer encima deles dende a bufarda e o libro, que era máxico, impediu que os nenos morreran. O libro quedou estragado. Dende aquela, a familia deixou a aldea e non volveron por aquí nunca máis.

Agora Rafa e os seus amigos, quedaron sorprendidos e por medo, non querían visitar esa casa en ruínas.

Unha noite de tormenta na miña aldea.

Un sábado pola noite, por desgraza había tormenta. Estabamos meus primos e máis eu na miña habitación da aldea a escuras contanto historias de terror. Os nosos pais estaban cenando na cociña ata que se nos ocurriu ir a unha casa abandonada que estaba moi preto da nosa casa. Pero nos decatamos dunha cousa, os nosos pais non nos ían deixar ir a esas horas e aínda por riba estaba chovendo. 
Nós marchamos da habitación e fomos avisar ós nosos pais que íamos a xogar un pouco no garaxe, cousa que era unha trola, máis ou menos ata as 12 da noite. Tiñamos exactamente dúas horas para ir a investigar a esa casa. 
Saímos do garaxe Alberto, meu primo, levaba unha lanterna na man para que puidésemos ver o camiño.

Xa divisábamos a casa. Pero tiñamos un pequeno problema, para poder entrar na casa tiñamos que saltar o valado. O conseguimos e xa estabamos no terreo da casa. Vimos unha canceira e decidimos observala por se tiña algo raro. Como era bastante grande asomeime pero non había nada. Fomos ata o piorno, para entrar había que subir por unha escada. Entramos, pero só vimos unha cadeira vella e rota. Entón saímos. Eu propuxen entrar agora na casa porque por fóra non había nada máis. Detivémonos uns instantes porque meu primo observou un catavento enriba da cheminea que sinalaba a bufarda do faiado. Entramos primeiro no soto para ver se por alí había algo sospeitoso que tivese que ver co libro encantado do que os nosos pais nos estiveran falando un bo anaco. 
No soto nada mais había ferramentas vellas e oxidadas e un gato negro que había entrado pola xanela. Deunos un pouco de medo, entón fomos aos cuartos. Nun deles, estaba a estructura dunha cama e o colchón tirado no chan, non lle dimos moita importancia, asi que fomos visitar o segundo e último cuarto da casa. Alí estaba todo vacío e escuro, non había nada. Marchamos dese cuarto e pensamos en subir ó fallado pero Alberto decatouse de que eran as doce menos cinco e tivemos que correr para a casa e para que os nosos pais non nos pillasen.
"Mañá volvemos" - dixen eu. E mañá a ver se encontramos o libro máxico.

26/10/10

O segredo do faiado.

Hai moitos anos, nun pobo no que non había case xente, unha muller chamada Carme vivía co seu marido Xosé, nunha casa , cunha eira onde plantaban legumes e patacas que despois gardaban no piorno.

Un día Carmen estaba encendendo o lume na lareira e oíu o choro dun eno,chamou a Xosé pero non a escoitou porque estaba no alboio. Entón Carmen foi mirar ao faiado porque os choros viñan dalí, pero non atopou nada. Cando Xosé entrou na casa, non lle fixo caso pero como ela insistiu foron mirar na adega e non encontraron nada.

Ó día seguinte Carme foi buscalas cartas a caixa do correo e na cancela había unha anciá que lle dixo que tiña que marchar desa casa porque estaba maldita. Contoulle que morrera un neno, máis ben que a súa nai o pechara no faiado e que non o deixaba saír para nada, e que neno despois dun tempo morrera pero o seu espíritu seguía na casa. 

Despois de contarlle isto a anciá desapareceu sen que Carme se dese conta. Cando chegou a onda Xosé díxolle: -Xa sei que segredo garda o faiado! E contoulle o que esa anciá lle contara facia uns minutos.Xosé no no cría pero Carme insistiulle tanto que o convenceu para marchar desa casa polo que puidese pasar.

A vella queimada en Triabá

Era unha noite de moito frío. Moitas familias estaban reunidas contando unhas lendas coma esta:

Dise que hai moitos anos, cerca de Triabá, en Lugo, vivía unha vella que era moi mala. Un día había 3 homes do pobo que decidiron ir a xunto dela a darlle unha malleira. Cada un tiña un pao. Entraron na casa e alí estaba a vella. E déronlle unha boa malleira. Antes de que a vella morrera botoulle unha maldición a un deles. Os homes tiñan medo a que lles descubrisen e levárona a un forno preto da casa da vella a queimala. Ao home ao que lle botara a maldición foi un tempo ó cárcere e cando saiu encontrouse á vella que viña do inferno para levalo a el. Ela arrancoulle o ril e comeuno, e o mesmo fixo, días despois, co fígado, páncreas... O home apareceu morto dun golpe na cabeza. Os médicos fixéronlle a autopsia, pero eles sabían que non morrera diso. Non se atreveron a dicilo porque estaba baleiro por dentro.

24/10/10

A Fonte da Nena

A Fonte da Nena está en Buxío, na parroquia de San Estevo de Parga do concello de Guitiriz, en Lugo.
Na historia, cóntase a orixe do nome da fonte.

Vivían, próximo a fonte, o pai e a nena chamada Raquel. Vivían moi tristes, xa que a nai morrera. Todo era moi diferente dende que a nai non estaba con eles e nesa casa só era fame e miseria.
Un día, o pai lle dixo a nena, que fora á fonte a coller auga. A nena foi. Cando xa estaba a piques de marchar da fonte, diante dela había unha muller que abriu a man e lle deu moedas.
Agora, sempre cá nena ía a coller auga, encontrábase con esa muller e sempre lle daba moedas.
O pai, quixo saber de onde viñan aqueles cartos e Raquel contoulle detalladamente o que pasa cando ela vai a por auga na fonte. Dende que a nena contáralle iso ao pai, nunca xamais volveu a aparecer aquela señora da fonte. Aquela muller tiña que ser o espirítu da nai, por iso cando soubo que a descubriran, deixou de aparecer.

18/10/10

A historia do náufrago

Un príncipe exipcio regresa dunha expedición na que houbo unha gran perda; a nave na que partira naufragou durante a travesía. 
 Un dos seus servidores, para darlle ánimos, cóntalle unha historia que lle pasou.
 Ían polo mar coa súa tripulacion máis valentes que os leóns cando un tornado os fixo naufragar pero el agarrouse a unha táboa e foi parar ata a veira dunha illa. Insconciente sobre a area, unha serpe axudouno e levouno a súa casa onde lle dixo o seu futuro. 
 En catro meses apareceu na illa un navío coa súa tripulación desaparecida a buscalo, cando chegou a casa recibíronno coma un rei tal e como dixo a serpe.


A Lagoa da Serpe de Pena Trevinca (RITOS , OBXECTOS E OPERACIÓNS MÁXICAS)

A Lagoa da Serpe está na serra de Pena Trevinca, no concello de A Veiga (Ourense).
Como moitas outras lendas, dise que alí vivía unha enorme serpe que nas noites de lúa chea se transformaba nunha fermosa moza que pedía aos mozos que pasaban por alí que a desencantasen.
Ela estaba especialmente fermosa pola mañá cedo do día de San Xoán, acomodada sobre unha rocha a carón da lagoa, peiteabase o pelo, que era de cor do acibeche.
Alí agardaba o valente mozo que a viñera desencantar.
Hai moitos anos xa o intentara un rapaz da aldea de Xares pero fracasou.
A moza explicaralle que fora a mañá cedo, alí a veria en figura de serpe.
E cando se aproximara a ela tiña que escupirlle dentro da boca, para así volver ser unha rapaza.
Lémbroulle que se o facía ben, casarían e vivirían con moitas riquezas toda a vida.
Chegou a hora e todo pasou tal e como dixera a moza encantada; case todo, pois o mozo ao ver a enorme serpe, púsoxelle un nó na gorxa e fuxiu coma un covarde.
Hai outra versión, que di que un mozo do lugar de Ponte, tamén o intentou, e que o fixo ben, casaron e xa non se pode ver a moza por alí.
De calquera maneira, a Lagoa da Serpe segue sendo moi perigosa. Dise que quen bebe daquela auga, morre, e se nos metemos dentro dela xa non hai maneira de saír.

-Se queredes saber máis información premede aquí.

16/10/10

A moza da curva (Lenda Urbana)

Era unha noite escura de inverno na que a néboa impedía ver correctamente as liñas da estrada. Un home conducía de volta a casa tentando vencer o sono despois dun longo día de traballo, cando viu unha moza misteriosa parada nunha curva da estrada. 

Encontrábase vestida coma un pantasma.O home, pensando que tratábase dunha víctima dun accidente de tráfico, parou o coche para axudala. A muller, en silencio, subíu ao vehículo. Mentres que o condutor tentou dar a conversa, a rapaza permaneceu en silencio. Queda. Inmóvil. "Coidado coa curva", dixo despois dun tempo. Non obstante, na estrada non parecía que houbese algún accidente. De súpeto, unha curva pechada foi visible a través da néboa e obrigou ao home a virar o volante. O coche quedou atravesado na mitad da estrada e o rapaz, asustado, mirou para o asento de atrás e preguntou: "Estás ben?". Pero alí na parte traseira, non había ninguén. A rapaza xa non estaba.


A lenda conta que a muller soe aparecer nas estradas de Cataluña cunha mochila ao lombo.

Aquí deixovos un vídeo sobre esta lenda.

13/10/10

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas...


A queimada é unha bebida alcohólica que ten unhas propiedades máxicas capaces de quitar os meigallos e todo aquilo que nos poida causar algún mal. Estes poderes que ten a queimada proveñen dos espíritus dos nosos ancestros. Utilizábase como brebaxe para espantar ás meigas, pero chegou a ter tal popularidade que acabou formando parte da cultura galega e sendo utilizado como reclamo en moitas festas patronais galegas, nas que o utilizan como espectáculo.

Para preparala precísase: augardente, azucre branco e fino, cortezas de limón e grans de café. Aínda que isto pode variar moito segundo gustos.

Cando teñas os ingredintes xa poderás comezar recitando o conxuro á vez que botando o augardente e o azucre nun pote de barro, na porcentaxe de 120 gramos por litro. Despois engade as cortezas de limón e os grans de café. Remóveo. Cun cazo colle un poco desa brebaxe e péndelle lume, logo deixa coidadosamente que prenda lume no pote e reméxeo ata que o azucre se derreta por completo. Agora, no mesmo cazo xa seco, bóta un pouco de azucre e colócao sobre a queimada, convertíndoo así en almíbar, que se volve verter sobre as chamas. E por último, seguimos removendo ata que as chamas teñan unha cor azulada.  

CONXURO:
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasnos e diaños, espíritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das manciñeiras.
Pobres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregon da morte, fouciño do sátiro e pé do coello.
Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadáveres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cus, muxido da mar embravecida.
Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan á xaneira, guédella porca da cabra mal parida.
Con este fol levantarei, as chamas deste lume, que asemella ao do inferno, e fuxirán as bruxas, a cabalo das súas escobas, índose bañar na praia, das areas gordas.
Oíde, oíde! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no augardente, quedando así purificadas.
E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa alma, e de todo embruxamento.
Forzas do aire, terra, mar e lume, a vós fago esta chamada: si é verdade que tendes máis poder que a humana xente, eiquí e agora, facede cós espíritos dos amigos que están fóra, participen con nós, nesta queimada.

Vila Carmina

A tarde de verán xa se despedía e comezaba a anoitear. A xeada das tardes do mes de agosto facían que o campo estivera mollado. Susana e Xulia ían camiñando por unha rúa do seu pobo. Todos alí falaban da famosa lenda de Vila Carmina, unha casa abandoada dende facía xa moitos anos.
A lenda dicía que se entrabas naquela casa quedarías atrapado alí para sempre, a non ser que atoparas o libro máxico de feitizos.




Unha casa moi ruinosa.

Hai moito tempo había unha casa abandonada nas afóras da A Coruña, pertencia a una familia brasileira. Todos os días viña un mozo pola mañá para colocar as cartas na caixa do correo. 

A casa era moi ruinosa e de lonxe se veía que  a cheminea co vento se movia  é estaba a piques de romper. A o lado da casa había unha canceira cun can moi vello e enfermo. 

O catavento facía moito ruido e encomodava a os veciños que eran maiores. A casa tina un lareira moi antiga.A cancela rompeu nunha noite moi mala, o pombal abríuse e saíron tadas as pombais. A familia refiguiouse foronse a o soto,.. era o único sitio que non pasaría nada o eso pensaban. Para chegar a adega tiñan que subir moitas escadas, pero as escadas estabanse rompendo por eso quedaron no soto ata que parára o vento,cando parou toda a casa estaba desfeita en  non puderon vivir alí e volveron a Brasil.

O SEGREDO DO FAIADO

O faiado, un lugar frío e escuro; escondíase un baúl cheo de sorpresas que daban medo, nel había un libro de lendas e historias cheas de misterio, unha delas era: ´´a casa da morte``. A lenda dicía que a casa tiña un sebe de rosas negras, marchitas e con moitas espiñas, a cancela era de ferro oxidado, a cheminea non funcionaba do vella que era, no pombal en vez de haber pombas habían corvos, na adega había viño de moitos anos, pero o que o bebía morria pola noite, no piorno había grans que por dentro tiñan veleno, no soto habían moitos ataúdes con nenos que morrera xa fai séculos por culpa do can que vive na canceira, había un fouciño que estaba encantado e malfería á xente que estaba no campo, e pola noite gardábase só no alboio, a caixa do correo mataba aos carteiros que poñian as cartas alí; a lenda tamén dicía que era mellor non acercarse a esta casa tan mala.

O segredo do faiado

Fomos a miña amiga Alba e máis eu de excursión polo monte. De repente vimos unha casa cunha cheminea que botaba fume de cor verde, fomos ata a eira, ali habia unha canceira pero non vimos can por ningun lado. Decidimos ir a investigar porque a cheminea botaba ese fume dese cor.

A Casa De Elviña

Nunha casa de Elviña habitaba unha parella hai mil anos.Nela atopábase moitas cousas ...
Na chimenea habia moitas cinzase moito polvo nos armarios, na adega ainda habia viños
mesas con moito polvo a adega toda destrozada. Para baixar o soto,  por as escaleiras habia moito polvo e estaban algun escalóns rotos, na parede habian cadros moy vellose un pouco desgastados

A casa tola

Eu cando vou a casa de meus avós eu digo que a casa está tola porque esta chea de cousas novas que non teñen sentido como ao carón da cheminea poñen unha bolsa de gominolas.

Tamén ten un cataventos que xira e xira cando non hai vento ningún e cando hai non xira    chámanlle o cataventos máxico, na leira os tomates son de cor amarela e as alcachofas de cor amarela, roxa e azul.
No valado sempre hai auga enriba cando hai sol e 40ºC.
A caixa do correo e de 3 metros que so podes meter paquetes de cousas electrónicas.

Onde non hai nada estraño e no soto que teñen viño.
A bufarda non estaba no faiado se non na cociña .
E a cancela media uns oitenta metros .

Na canceira estan as pombas e no pombal estan os cans.

E así é a casa tola e non é tola e tolísima.

12/10/10

A miña viaxe a Ourense

Era un día pouco soleado, eu ía no coche ata Campobecerros (Ourense) que é un val onde todas as persoas que viven son primos ou tíos meus.
É un pobo moi pequeno, non teñe pisos, teñe casas pequenas e ten unha en ruínas a que lle chaman "A Penuria". Na miña viaxe quedei nun hotel cerca de Verín, chamado Paradores, se queredes velo tedes unha ligazón aquí.
Espero volver este ano en novembro para ver ó meu avó.

10/10/10

Que dixo o vello?

Un día de tormenta pola mañá, Héctor ía por unha nova ruta con seu can Tomy. Encontrouse a un señor home sentado nun banco e aplaudindo, cando se acercou díxolle o señor:
- Ola, queres quedar pola noite?
e Hector respondeulle:
-Ti estás parvo? quen és?


David Villa, un dianteiro de ouro.

O día 3/12/1981,  naceu David Villa,o meu home, en Tuilla (Asturias). É un futbolista español, que xoga como dianteiro, tanto no FC Barcelona e na Selección Española de Fútbol. Todos chamámoslle ''El guaje''. Villa comenzou a súa carreira no Real Sporting de Gijón, antes de ser fichado polo Real Zaragoza, onde se fixo internacional. Logo se trasladou ao Valencia. Hai uns meses, ficháronno para o FC Barcelona. O día 12/10/2010, David despois de intentalo moitísimo, marcou o seu gol 44 contra Escocia, partido que se celebrou como clasificación da Eurocopa 2012.
Para min, non hai outro mellor ca el. Fai 6 anos que sou a súa fan, e dende o día que o vín xogar con España, seguín todo o que facía na súa vida profesional.
Espero con moitas ganas que chegue ese día, o día en que o vou coñecer.