A tarde de verán xa se despedía e comezaba a anoitear. A xeada das tardes do mes de agosto facían que o campo estivera mollado. Susana e Xulia ían camiñando por unha rúa do seu pobo. Todos alí falaban da famosa lenda de Vila Carmina, unha casa abandoada dende facía xa moitos anos.A lenda dicía que se entrabas naquela casa quedarías atrapado alí para sempre, a non ser que atoparas o libro máxico de feitizos.
Elas como eran moi atrevidas e pensaban que era unha parvada decidiron ir a ver como era aquela casa.
Ao final da rúa podíase observar unha cancela algo rota polo paso dos anos.
Susana- Xulia, porqué non nos damos xa a volta? Que queres encontrar naquela casa?
Xulia- Eu non pensaba que eras tan cagainas. Veña vamos!
Ao redor do ponbal viase uns corvos. Elas saltaron a sebe e adentráronse no xardin da casa. A porta principal estaba pechada e foron pola parte de atras. A porta chirrió, entraron e cheiraron un forte olor a humidade. Aquela porta ía dar ao soto, todo aquilo estaba cheo de teas de araña.
Susana- Xa basta. Eu me vou.
Xulia- Veña vale ímos.
Susana- A porta non abre. Xulia, non abre!
Xulia- Como non vai a abrir trosma. E verdade non abre.
Susana- Hai que facer algo, temos que sair de aquí.
Xulia- Subamos pola escaleira haber a onde saímo.
Xulia e Susana foron a dar a unha habitación cunhas mesas e unha lareira. Alí as ventás estaban pechadas. A desesperación aumentaba. Elas buscaron por toda a casa pero non había saída.
De súpeto oiron unhas voces. Unha gargallada xeoulles o sangue. A voz dicíalles que nunca sairían da casa. Presas do pánico botaron a correr escaleiras abaixo. Dun armario saíu unha especie de pantasma.
Xulia- Susi, Susi corre. Susi onde estas?
Susi había desaparecido. Xulia xa non sabía que facer. Por unha ventá, ao lexos, viu na eira a Susi, Carlos e Xoán. Os seus amigos de sempre. Eles non paraban de rir. As portas xa estaban abertas. Xulia saiu e foi a por eles.
Xulia- Eh, vos os tres. Como me facedes isto? Por pouco morro co medo aí dentro.
Carlos- Pero ti non eras a valente?