Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941 e morreu en Vigo 9 de marzo de 2002 e foi un escritor en lingua galega.
Estudou Bacharelato en Ourense e comenzou a mostrar a súa vocación de escritor cun periódico escolar chamado "El Averno", que repartía entre os seus compañeiros.
Uns anos máis tarde gañou un premio literario. En 1960 trasladouse a Santiago para estudar Filosofía e Letras e conociu a Ramón Piñeiro, onde xurdiu unha gran amistade.
En 1965 publicou os seus primeiros relatos na revista "Grial" e dous anos máis tarde saliu o seu primeiro libro "Vento Ferido", unha colección de relatos nos que conseguiu un gran éxito.
En 1968 escribiu o libro para nenos "A Galiña Azul" e publicou a súa primeira novela "Cambio en tres".
É autor de obras tan significativas como as novelas "Ilustrísima" e "Os mortos daquel verán" e os libros de relatos "Vento ferido" e "Os escuros soños de Clío". Dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento.