02/06/11

O Pasatempo

O Pasatempo, Betanzos
O pasatempo é un parque situado en Betanzos, A Coruña. Construído polos irmáns García Naveira, o parque está feito a modo enciclopédico donde eles plasmaron as súas vivenzas por América e as súas viaxes.


A súa construción iniciouse entre 1893 e 1895, e cara o 1914 practicamente estaba rematado. Na década de 1930 comezou a súa deterioración, e foi un campo de concentración durante a Guerra Civil.
Na posguerra quedou abandonado e foi obxecto de roubos e actos vandálicos durante anos.


En 1896 o Concello restaurouno e recuperou parte dos seus elementos.
Labirinto
No parque distínguense dúas zonas: os xardíns que foron reconvertidos en hortas e depósitos de entullos, o que rematou por estragar as estruturas, estatuas e relevos.



Unha pasarela elevada permite contemplar os xardíns desde certa altura, como acceder á parte do parque do outro lado da estrada.


Da parte baixa só quedaron a Fonte das Catro Estacións, a estatua da Caridade e a dos García Naveira.
Pero moitos dos elementos perdidos recuperáronse coa creación do parque.


Da parte alta destacan: a Gruta, os dous estanques, escudos das repúblicas hispanoamericanas e algúns recordos das viaxes dos irmáns García Naveira a Exipto.


O pasatempo é un dos lugares de visita recomendada para os peregrinos que fan o Camiño Inglés.


- Se queredes saber un pouco máis sobre O Pasatempo facede click aquí.
- E para ver un vídeo aquí.