Coma todos os anos esta edición contará coa presenza destes 4 desOrdeados artistas, ademáis da participación doutras curiosas e impredecibles personalidades da escena estatal da arte urbana.
A exposición amosa a súa obra gráfica máis recente, na que poderemos atopar creacións nas que poñen en práctica distintas técnicas gráficas sobre rebuscados soportes...normalmente na basura...; dende o primixenio lapiz ao máis moderno á par que anticuado spray, pasando polo collage, stencil, acrílico, oleo, acuarela, rotuladores, cremalleras, tuberías, sinais de tráfico, anacos de lavadoras vellas, e un excéntrico etc..
A mostra permanecerá aberta ao público dende o 19 ao 31 de xullo na sala de exposicións do Centro Comarcal de Ordes e a entrada, coma sempre, será gratuíta.
A inauguración será o día 19 de xullo ás 17:00 h. no propio Centro Comarcal e contará coa desagradable presenza dos artistas, ademáis dun glamuroso catering a base de pinchos pseudomutantes e bebidas espumosas de dubidosa procedencia.
Achegádevos!!! Contaredes con prezos anticrise e moito sentido do tumor!!
+info:
hhtp://atabernademou.blogspot.com
http://nanaartwork.blogspot.com
http://sokramutante.blospot.com
http://www.autodestroi.blogspot.com/
MutanteCreativo