02/06/11

Poeta Fran Alonso

Este gran poeta naceu en Vigo no ano 1963. É licenciado en filoloxía Galego-Portugues pola universidade de Santiago de Compostela. 
 
El traballou como xornalista, formou parte da redacción do Diario 16 de Galicia e desde 1992, traballa en Edicións Xerais de Galicia, onde na actualidade é Subdirector para a Edición Xeral.

Manteñe regularmente actualizado o weblog http://cabrafanada.blogspot.com/, onde vai deitando anécdotas, opinións e arroutadas que lle provoca a espontaneidade do cotián.

Entre outros, recibio o Premio Blanco Amor de Novela Longa, o Premio Rañolas de Literatura Infantil e Xuvenil ao mellor libro do ano.  


Fixo moitas obras, os vou poñer unhas cantas:
A casa da duna
A lúa no probador
Alma de beiramar
Cidades
Eclipse doméstica
O brillo dos elefantes
O secuestro dos elefantes
O son das buguinas
Un país a medio facer 




Os deixo un pequeno comentario de Fran Alonso o noso poeta:   ''Desgraciadamente, no mundo hai demasiadas cousas que me desagradan. Aínda vivimos nun mundo vergoñento, dominado pola infamia, a inxustiza, a discriminación, os intereses económicos, a especulación, o egoísmo, a pobreza, a dor, a intolerancia, o fanatismo, o machismo, o racismo, a violencia, a guerra. Parécenme profundamente perversas aquelas que fan prevalecer os seus intereses particulares por enriba dos da comunidade.''