O primeiro que quero que saibas, se me permites, é que te quero moitísimo. Fixeches que deixara de pechar os ollos á realidade e pensara máis no correcto.
Dende o ano pasado, cando sentías que estaba mal, sempre estabas ao meu lado para apoiarme e facer que me sentira mellor. Para unha persoa coma ti, é moi pouco dicir grazas.
Supoño que todos os teus alumnos, dende a xeneración dos nosos pais ata a nosa, xa non poden vivir sen acordarse de ti. Profe, eres unha persoa magnífica, boa, moi simpática e que sabe escoitar e axudar. Só ti, fas chorar a toda unha clase coas túas palabras.
Espero que fora unha boa alumna e que estés orgullosa de min, porque sentiríame sastifeita do meu traballo durante todo o curso.

Moitos biquiños!