02/06/11

Ánxel Fole

Naceu en Lugo. ( 1903-1986 )

Estudou cos Irmáns Maristas, pasou seis anos no Seminario Diocesano e rematou o bacharelato no Instituto de Lugo aos 23 anos. Tras facer a mili en Zamora estudou Dereito e Filosofía e Letras nas Universidades de Valladolid, Madrid e Compostela. A guerra obrigouno a interromper os estudos.

Durante os seus anos universitarios publicou en revistas e xornáis algúns artigos e poemas, tamén participou na vida política, militando no Partido Galeguista.

Até 1941 sobreviviu dando clases particulares xa que a guerra obrigouno a vivir agochado. Despóis foi contratado como profesor de gramática latina en Quiroga.                   
O contacto co rural inflúe nas súas obras.              

OBRAS:
-Á lus do candil ( 1950 )
-Contos a carón do lume ( 1953 )
-Terra brava ( 1953 )
-Contos da solaina ( 1955 )
-Pauto do Demo ( 1954 ) o seu único texto dramático foi publicado en Bos Aires.

En 1957 volta a Lugo onde recupera a súa actividade xornalística, parte de ela foi recompilada no 1981 en Historias que ninguén cre.
Aquí a súa obra vólvese máis urbana.

Déixovos unha ligazón cunha canción de Lucía Pérez sobre Ánxel Fole. 

Aquí tedes un pequeno fragmento do libro Á lus do candil.