Lamatumbá é un grupo musical galego creado en marzo de 1998, en San Pedro de Moreiras, Ourense.
Combina multitude de estilos na súa música, pero sempre coa premisa fundamental da festa e da verbena.
Un grupo de amigos funda Lamatumbá. Axiña comezaron a tocar por diferentes lugares de Galicia levando consigo unha mescolanza de estilos e músicas. O seu estilo abarcaba a cumbia, o reggae, o ska, o pasodoble.. .
Nas súas cancións pálpase a ledicia e as ganas de troula, propias das verbenas máis enxebres do país. As súas letras van acompañadas, na maioría das ocasións, dunha forte crítica social ou dun enaltecemento da tradición galega, como se pode comprobar no xa himno popular "Licor café".
Froito dos seus ritmos pegadizos que non deixan a nadie quedo, é moi normal ver á xente bailando entre a masa dos seus concertos, ataviados con sombreiros ou mesmo complementos propios do entroido.
Algúns dos seus albums de estudo:
* | Licor Café | (2001) | - Xingreirae |
* | Lume (para que saia o sol) | (2005) | -Falcatruada |
* | Paraguas Universal | (2008) | - PAI-música |
* | A Órbita da Banda Hipnótica | (2010) | - Discmedi |