Eran as sete da mañá, Lidia e Xoán baixaban polas escadas en voz baixa, se lles vía un pouco nerviosos.
Eu dirixíame detras deles para ver o que facían, detivéronse diante da porta do soto, escondínme na adega para que non se decatansen de que os seguía. Abriron a porta botaron unha ollada ao redor e metéronse dentro.
Asomeime ata a porta, intentei abrila pero, foime imposible.
Dei a volta e cruzei a eira, metínme no alboio, collín a chave do soto e abrín a porta onde eles se ocultaban.
Entrei no cuarto, ao fondo escoitábanse uns murmullos e víase un forte resplandor, parecía o reflexo do lume dunha lareira.
Seguín ata onde estaba a luz, dende alí, podíase percibir o que acontecía naquel cuarto.
Lidia e Xoán estaban sentados ao redor da mesa, enriba dela había un libro entreaberto, era de ahí de onde viña aquela luz. Quedeime perplexa ao ver que o libro lles falaba, explicáballes as instrucións para poder chegar a un mundo máxico.
Levantáronse, pecharon o libro e saíron pola bufarda. Asegureime de que marcharan, ollei pola venta e vinos cruzando ao redor do pombal, detivéronse no piorno e pasados uns minutos desaparezeron por detras da casa.
A verdade é que o libro era sorprendente.