Mirei pola xanela e a eira estaba toda nevada. Baixei ao can dar unha volta, porque encontrábame só e aburrido. Fomos dar un paseo arredor da casa, e as dúas, chamoume miña nai para ir xantar; deixei ao can na canceira e subín. Despois de xantar collín o balón para xogar o fútbol; escoitei uns ruídos que parecían vir do soto.
Tirei o balón a eira e púxenme a investigar; fun ao piorno e subín a escada con moito coidado e non había ninguén, fun ao alboio e alí volvín a escoitar os mesmos ruídos;pero dinme conta que eran do pombal porque había moitas pombas. Logo fun mirar a adega e non pasou nada.
Alí vin un libro bastante gordo no chan, coloqueino na estantería e descolocouse diante dos meus ollos! Resulta que era un libro de maxia. A partir daquel día empecei aprender todos os trucos para que algún día chegase a ser un bo mago.
___fin___