22/06/11

Valoración ao Club de Lectura

Un ano máis, comecei no Club de Lectura do Instituto, aínda que no 3ª trimestre, deime de baixa: polos estudos, os exámes,...


Mentres estíven, paseino bastante ben, sobre todo cos libros que lín, como Kafka e a boneca viaxeira, que en realidade o lín na clase de Galego e é o mellor libro que lín este ano, e foron bastantes.


Ademais houbo novedade e é que foi en castelán, aínda que me gustaba máis en Galego, como no ano pasado, non sei por que será pero é a verdade. Sentíame bastante máis cómoda. Paréceme moi ben que os nosos encontros sexan na biblioteca, xa que dá a sensación de estar rodeados de palabras, historias,...


En canto ao tempo, non me gusta que sexa nos recreos, porque pasamos moito tempo en clase e logo queremos descansar, ao mellor por eso moita xente non se apunta.


Os profesores que estiveron con nós, implicáronse moito e ás veces notábaselles, sobre todo cando falábamos dos libros. O problema é, que ao non ter clase con eles, non hay tanta comodidade. 


Unha das cousas que máis me gustou foi o encontro cos escritores, ¡encantoume!


Pois esa é a miña valoración. Espero que para o ano que vén o Club sexa en galego, aínda que non pasa nada se é en castelán.