30/01/11

Kafka e a boneca viaxeira.

Fai un días prestáronme un libro que ao principio non parecía moita cousa. Cando comencei a leelo sentín que, cada páxina que pasaba, crecíanme máis as ganas de non acabalo.
É un libro moi diferente e cheo de doces sentimentos. No que conta a historia dunha nena que perde a súa fonte de alegría, e coñece a un home que só lle quere devolver a felicidade. El cóntalle que a súa boneca non se perdeu e que se foi de viaxe. Finxe ser un carteiro de bonecas e en cada unha das súas cartas, conta as maravillosas aventuras de Bríxida.
Elsi, a nena, espera cada día as cartas da súa amiguiña, e ao final termina por entender os seus desexos.
Este libro encantoume polos seus sentimentos, a forma na que Franz Kafka transforma as lágrimas dunha nena que non coñece de nada nunha grande sonrisa e aprende a entender todo sobre a inocencia.
Recoméndovos este libro, para que vós tamén aprendades a sentir o significado da verdadeira alegría e da amizade. Seguro que vos gusta.