A orquestra Panorama, tras os seus vinte e dous anos de existencia, chega a ter o maior e máis sofisticado escenario de toda España, que ten 27 metros de longo, 12 de ancho e 10 de alto, con 150.000 W de luz e vídeo, e outros 70.000 de son.
Abriron este pasado ano Xacobeo en Santiago, despois das badaladas, iniciando así "A xira do Xacobeo", facendo referencia a que foron patrocinadores oficiais dese ano.
Naceu en Caldas, un 16 de maio de 1988. Actúan por toda Galicia, Asturias, León e parte de Portugal. Rematan o ano cunhas 200 e pico actuacións, nas que pasan todo xuño, xullo e agosto actuando todos os días seguidos.
A parte de dar o mellor espectáculo, son solidarios co cancro, xa que todos os anos por navidades lévanlle ao hospital materno infantil Teresa Herrera todo o diñeiro recadado coa venda de CDs, DVDs e camisetas. Este último ano 2010 entregaron 15.365€, e Patricia Crespo, a que leva o clube de fans, recadou 1215€ cunha iniciativa propia de abrir unha conta en caixa galicia para que os fans que quixeran ingresar un euro cada un. Por esta causa tamén celebran a gala contra o cancro todos os anos dende 2008 en Ordes, o 30 de abril. Este ano trouxeron a artistas como: Sergio Dalma, Juan Magán, Carlos Baute, Isabel Pantoja, Soraya, Kate Ryan, Santa Fé, Tamara, Seguridad Social e Melocos. Tamén trouxeron a Diana, antiga
Entrega dos 15.365€ |
Jorge e Sergio Dalma |
Panorama con Diana, antiga cantante |
Soraya e Baute como presentadores |
Maite e Isabel Pantoja |
Tamén, este pasado ano 2010, a orquestra Panorama volveu gañar por quinto ano consecutivo o concurso á mellor orquestra de Galicia, que realiza a páxina web "Anosacosta". Recolleron o 33,37% dos 1.714 votos recolectados na fase final.
Gravación do videoclip "Casa blanca" |
Gravación do videoclip "Singing in the rain" |
Este 6 de setembro, foi un día tráxico para eles e para todos os seus fans. Cando ían dar as catro e media da tarde, na AP-9, no kilómetro 61, á altura de Sigüeiro, fáialles unha zapata dos freos e unha das rodas traseiras comeza a arder. Chegan bombeiros do concello de Santiago e de Ordes. Por sorte non houbo danos persoais, pero si materiais, e moi grandes, valorados en cerca de 1.000.000€. Por se fose pouco, eses días, Lito, cantante e xefe da Panorama, estaba enfermo con larinxitis aguda, houbo uns días que tivo que ir para o hospital. Aída todo iso, ese mesmo día, tiñan unha actuación en Guísamo e foron igualmente, cumpriron con todas as actuacións que tiñan, pero cun escenario prestado. O luns pasou o acidente,
"Ojos así" |
"Halo" |
No mes de maio celebraron a "Diverfesta", adicada ós fans e seguidores máis pequenos, na que fixeron un concurso de baile, karaoke, hinchables... e premio para o gañador do concurso.
Tamén, este ano, uníronse xunto con Costa Oeste e Philadelphia en Cambados o día 30 de outubro para facer unha macroverbena co lema "Libre de alcohol libre de preocupacións", coa intención de concienciar á xente nova de que non beba cando fose coller o coche.
Chegan a ter tanta popularidade que se botas unha ollada ós periódicos, ás radios galegas e ás televisións non só galegas, senón que na Sexta, Antena 3 e Telecinco, oirás falar deles.
Escoitade isto, son unhas das mellores cancións de entre un millón que teñen: "Asturias", o vídeo da gala en Ordes do 20 aniversario, 2008; "I have nothing", o vídeo do 20 aniversario de Cambados, 2008; "Getsetmaní", dende o 2003 ata agora; "Mujer contra mujer", gala do 20 aniversario 2008 en Ordes; "Ghost-Melodía encadenada", no ano 2004.
Aquí vos deixo a canción "Como está el panorama, remix":
Este novo ano 2011, aínda están preparando a tempada "Planet Tour". De momento xa teñen dúas novas fichaxes: Dunia, voz da orquestra Costa Oeste substituirá a Maite, que se vai para D´moda; e Juan Manuel ou Chino, batería da orquestra Isla substitúe a Jacko que deixa este mundo. Tamén vaise o seu mánager coñecido como Gotchi.
A nova tempada aproxímase e seguro que traerá outro novo ano de festa e parranda para todos os seus fans e para toda Galicia.