29/01/11

A industria dos videoxogos marxina ao galego!

Este artigo nos descobre a evolución dos videoxogos dende os anos 70 ata o século XXI. Fálanos das distintas formas dos xogos e logo tamén nos presenta unha estadística con informes ben detallados elaborados pola Asociación Española de distribuidores e editores de Software de Entretenemento (ADESE), que nos fai mención da idade dos usuarios dos videoxogos, destacando que en Galiza é un 19,5% de usuarios.

Este sector está á cabeza do mercado audiovisual. Grazas a este tipo de xogos se foron aprendendo algunhas palabras de linguas estranxeiras como o francés e o inglés. Hoxe en día a maioría dos xogos son de ámbito linguístico xaponés e inglés estadounidense.

Por último o autor nos fala de que esto ten que ser un obxetivo da política cultural e linguística galega para a introducción do galego en todas as capas sociais e en todas as idades.

Por sorte, existen algúns videoxogos en galego como O misterio das sete pezas, A aventura máxica de Merliño, o Trivial e O preguntoiro.


Atopei unha páxina en galego que contén información sobre videoxogos e máis cousas.


                                                                                                                       
                                                                                                                  Fonte: TerraeTempo