31/01/11

A Violencia de Xénero

A Violencia de Xénero provoca moitas víctimas cada ano no mundo, un mal que debemos erradicar entre todos o antes posible. As agresións e asasinatos de mulleres aparecen a diario nos periódicos, son tan cotidiáns que empezan a asumirse coma algo inevitable.

A sociedade non é xusta nin igualitaria, se a sociedade fose máis xusta todo cambiaría. A Violencia de Xénero é un mal social que afecta a moitas familias e deixa moitas víctimas ao ano.
O uso da violencia non está xustificado, débese fuxir dunha relación na que non nos sintamos respetadas.


Afortunadamente existen leis contra esta lacra e organismos que se preocupan de protexer e asesorar á muller no caso de ser obxecto desas humillacións físicas e psíquicas.


É fundamental a educación que se recibe nos centros educativos e no seno da familia, xa que, dende ahí a educación irá encamiñada no respeto, no diálogo, na comprensión...

Por iso é moi importante que nos manteñamos unidos ante este mal.

Premede aquí se queredes ver este vídeo.