22/06/11

A Pepa con moito cariño.

Profe, quería escribirche algo xa que non tivemos moito tempo para despedirnos.
O primeiro que quero que saibas, se me permites, é que te quero moitísimo. Fixeches que deixara de pechar os ollos á realidade e pensara máis no correcto.
Dende o ano pasado, cando sentías que estaba mal, sempre estabas ao meu lado para apoiarme e facer que me sentira mellor. Para unha persoa coma ti, é moi pouco dicir grazas.
Supoño que todos os teus alumnos, dende a xeneración dos nosos pais ata a nosa,  xa non poden vivir sen acordarse de ti. Profe, eres unha persoa magnífica, boa, moi simpática e que sabe escoitar e axudar. Só ti, fas chorar a toda unha clase coas túas palabras.
Espero que fora unha boa alumna e que estés orgullosa de min, porque sentiríame sastifeita do meu traballo durante todo o curso.


Pois...non teño moito máis que dicir. Que teñas un verán inesquecible e que o pases moi ben. Grazas por todo, quérote moito Pepa e espero que sexas a miña profesora outra vez. Que só ti sabes como facer que as cousas saian perfectamente.
Moitos biquiños!