09/05/11

Os meus libros favoritos en GALEGO

Dende o principio de curso, lín unha cantidade de libros que me emocionaron e me fascináron. Aquí déixovos algúns dos que máis me impresionaron:

·Kafka e a boneca viaxeira.
Como xa vos puxen nunha das miñas entradas, conta a historia de Kafka, un escritor que se encontra cunha nena chorando porque perdeu a súa boneca. Para axudala, contará unha historia basada na súa imaxinación, onde día a día a boneca lle escribirá á súa dona.
Kafka coñecerá o sentido da fantasía, da inocencia, e fará moi feliz a unha nena que non coñece de nada. Este libro recoméndollo a todos os que queiran pasar un minuto de emociones e se pode ser, cheguen a sentilo como o fixen eu.

·O inferno de Marta.
Esta historia ten moito que ver coa violencia de xénero, xa que Marta vivea na súa propia pel.
Unha noite cando sae de festa coas súas amigas, coñece a un mozo que se namora perdidamente dela, e dende ese momento a súa vida cambia.
Moitas veces, viven momentos aos que a calquera moza da súa idade lle gustaría vivir, pero outros o rapaz a trata coma un trapo sucio, unha persoa que non vale nada; ata chega a pegarlle. O final é moi doloroso, aínda que todo sae ben. Espero que vos guste, porque é un libro que axuda moito a reflexionar.

Recoméndovolos, porque son libros que de verdade merecen a pena e seguro que vos gustarán moitísimo.