
Cando nós non estabamos en directo déronnos algúns aperitivos para comer, como tortilla, olivas ou patacas e unha botella de auga; aínda que algún dedicouse a arroxar as olivas á xente.
Máis tarde, Enrique Tello foi entrevistado por uns alumnos. Cando lle preguntaron se estaba nervioso, respondeunos que moi pouco, xa que nosas preguntas non ían ser tan fortes como as dos xornalistas. Nunha delas declarou que prefería dar clases, pero as cousas cambiaran moito no instituto.
Tamén houbo outra pequena entrevista á conserxe, que leva neste instituto dende que se abriu. Ela parecía estar desgustada, que agora entraba xente máis nova con máis ánimo, pero protestona e maleducada.
Antes de rematar tocaron facer algunhas interpretacións, aínda que non deron tempo todas.
Unha delas foi representar a canción de Galicia calidade, pero en galego. A instrumental foron os alumnos con frautas, tambores xilófono etc.
Despois tocoulles aos de teatro, que fixeron unhas interpretacións moi divertidas. Todos riron cando o profesor, que xa é un home maior dixo a palabra "chorbo".
Todo foi bastante ben, a pena foi que non saíu a nosa clase.