10/03/11

Un dos instrumentos máis fáciles de tocar que existen.

Mirlitón de cana.
O kazoo ou tamén chamado mirlitón é un instrumento musical da familia dos membranófonos contituido por unha cana oca cuxos extremos fíxanse con papel de fumar ou cun trozo de plástico que ao soplar por un burato, modifica o sonido da voz dunha persoa que sopla por efecto da vibración dunha membrana. Foi utilizado ocasionalmente por músicos profesionais.



O mirlitón xa era utilizado polas antigas tribus africanas e na américa precolombina. Usábase para comunicarse, para disimular o sonido da voz de alguén, para imitar aos animais e a miúdo para diversos fins cerimoniais.


Un kazoo na forma industrial 
e comercial do mirlitón.
O kazoo é un mirlitón na súa forma comercial. Foi inventado no século XIX por un afroamericano chamado Vest Alabama, en Macon (Xeorxia). O primeiro kazoo foi fabricado en Macon por Tadeo Von Clegg, un reloxeiro alemán, seguindo as indicacións de Vest e foi presentado na Feria do Estado en Xeorxia en 1852. Os primeiros kazoos de metal foron fabricados e patentados por Eden, en Nova York, onde todavía está a primitiva fábrica de kazoos.


Este instrumento musical é moi utilizado nos Carnavales de Cádiz, nos Carnavales de Santa Cruz de Tenerife e tamén se pode escoitar no primer disco do grupo Peruano de skabilly Turbopótamos, así como en varias cancións do grupo navarro Piperrak.


Na clase tocamos co kazoo a canción da saia de carolina, que por certo fixémolo bastante ben.
Probade vos tamén a intentar tocar algunha. Deixovos un enlace con varias cancións interpretadas polos kazoos.


Se queres facer un kazoo ou mirlitón caseiro na túa casa preme aquí e encontrarás toda a información necesaria para facelo.


Aquí para ver un video cos pasos.