12/03/11

Os meus 4 medos.

Fernando deu unha moi boa idea e eu tamén creo que sería bonito que todos puxeramos os nosos medos. Se queredes ver como hai que facelo mira na entradiña de Fer. Aquí van os meus medos:

  • Medo aos disfraces de medo.
  1. Pasábame cando os meus familiares e amigos viñan con eses disfraces e me asustaban.
  2. Naceume nos primeiros entroidos que celebrei.
  3. Nos momentos que me causou máis problemas era en entroido.
  4. Pasoume ese medo cando era máis maior e xa sabía que non eran de verdade.

  • Medo as alturas.
  1. Pasábame cando subía a un piso moi alto.
  2. Naceume cando me subín a un 8º.
  3. Nos momentos que me causou máis problemas era cando visitaba a miña tía que vive nun 8º.
  4. Este medo pasoume porque me fun acustumando as alturas.
  • Medo a escuridade.
  1. Pasábame todas as noite cando me deitaba.
  2. Naceume cando vin na televisión un anuncio dunha película de medo.
  3. Tódalas noites ese medo causábame problemas para coller o sono.
  4. Pasouseme co paso dos anos.
  • Medo aos cans.
  1. Pasábame todos os días cando saía a rúa e se me acercaba un can.
  2. Naceume cando un can case me morde nunha perna.
  3. Tódolos días causábame un problemas para andar tranquela pola rúa.
  4. Ainda non me pasou de todo ese medo, hai que lles ter un respeto