10/03/11

Os cinco medos vencidos.

Nesta entradiña describo os diferentes medos que tiña cando era pequeno, que agora xa non os teño.


  • Ir en avión
-Consistía en que a hora de subir nun avión entrábanme suores fríos e o corazón latexábame con moita forza.
-Cando vin unha grave accidente nun aereoporto español.
-Á hora da planificación das vacacións posto que a maioría de sitios había que ir en avión.
-Simplemente  funme dando conta que no avión acorren menos accidentes sen embargo, indo nun coche hai máis.




  • Quedar só e sen luz nun ascensor.
-Consiste en que cada vez que subo a un edificio e collo o ascensor, vou con moito medo, sempre penso que vou quedar atrapado.
-Un día que quedei atrapado no ascensor con miña nai. Púxenme moi nervioso.
-Cando quería ir no ascensor, non podía polo medo e sempre tiña que subir as escaleiras.
-Dándome conta que se te quedas nun ascensor hai que darlle ao botón de emerxencia e esperar, conservando a calma, a que veñan a rescatarche.


  • Levar un golpe e quedar en silla de rodas.
-Consiste en que cando ando con patíns de liña moi rápido e sen pensar o que vaia pasar vou con moito medo porque podo levar un golpe e quedar en silla de rodas.
-Cando un día na tele vin a un rapaz que baixou unha costa e ao chegar ó final, estrelouse contra unha parede e quedou paralítico.
-Cando eu quería ir patinar a sitios onde había costas para baixar. Tiña moito medo e non podía.
-Andando con precaución e levando protección polo corpo por exemplo: casco, xeonlleiras, cobadeiras , etc.

  • Estar só na casa pola noite.
-Consistía en cando quedaba só pendo que podían vir a roubar e facerme dano, sempre andaba lexos da porta de entrada.
-Os días que me tocaba quedar só porque os meus pais saían a traballar.
-Cando quería durmir porque apenas podía durmir nada.
-Escoitando música pola noite para distraerme e así pouco a pouco íame quedando durmido.

  • Pasear só por un calexón escuro.
-Consiste en que cando saía a pasear e metíame por un calexón escuro sempre o pasaba correndo porque collía moito medo.
-Cando un día ía eu tan tranquilo por un calexón cando de repente faise visible unha cara estrana. Vina e botei a correr coma un tolo.
-Cando quería collelo como ataxo, xa que non podía polo medo e sempre tiña que dar toda a volta.
-Pasar tranquilamente e calmado sen pensar nesas caras terroríficas que tanto me asustaban. E así ata telo olvidado.


Anímovos a que vos tamén contedes os vosos medos que tíñades de pequenos seguindo estes pasos:


-En que consistía.
-Cando e como naceu.
-En que momentos che causou máis problemas.
-Que fixeches para intentar vencelo.