15/03/11

O petróglifo danado


Un petroglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras, que poden ter 10.000 ou 12.000 anos.


Encontraron o petroglifo, tamén chamado Pedra de Santiago, do parque natural de Corrubedo danado a causa das obras de construción da depuradora. Os encargados das obras aseguraban que a rocha estaba 
cuberta por algo de terra e nese lugar non ían a facer ningún traballo. O PSOE nos fai chegar nunha foto onde vése claramente que a rocha está danada por un forte golpe da maquinaria.
Tratábase duns petróglifos con forma de espada, un serpentiforme e unhas cazoletas.

Como xa vemos, non valoramos as cousas dos nosos antepasados cheas de historia e cultura.
E unha pena que moitísimos anos de historia acaban por destruírse só por descoidalos e por falta de coñecemento.



Por exemplo tamén Grupo Galaico de Arte Rupestre está constituído polos gravados galegos realizados en pedra en tempo prehistóricos. Están realizados sobre granito. Existen dous tipos de deseños: naturalistas e figurativos, que son aqueles no que é posible adiviñar que representan, como por exemplo os cervos, os cabalos, figuras humanas e armas; e os xeométricos ou abstractos son aqueles que non sabemos o que representan.         

E se premedes aquí, podedes ver imaxes de petróglifos de Galiza.