Maus é un tebeo que relata a vida de Vladek, un supervivinte polaco e xudeu dos campos de concentración e das cámaras de gas.
Artie, o seu fillo, recopila toda a súa historia e fazañas para seguir vivo ante esa catástrofe.
A historia de Vladek, un home esvelto, guapo e da familia Spiegelman, moi coñecida e venerada por todos, xa que era moi rica, comeza en Auschwitz. El namórase de Anja e teñen un fillo, Richieu.
Durante os primeiros tempos da guerra, eles vivían con toda a familia aínda na cidade. Mentres, os que non tiñan tanta sorte, os colgaban á vista de todos na rúa. Coma lles pasou a un amigos de Vladek.
En pouco tempo descubriron o seu acubillo e leváronos ós campos de concentración, onde separaron a Vladek de Anja, xa que ás mulleres as levaban para outro sitio que ós homes. Vladek fixo boas amizades con algunhas persoas nese sitio, as que lle serviron para ter bastantes privilexios con respecto ós demáis. Tamén, sempre tratou de gardar e reciclar todo o que tiña para cambialo por cousas que precisaba ou prescindir doutras.
Durante un tempo, Vladek preguntaba a unha muller moi boa por cómo estaba a súa muller. Tamén tiña moito medo, cada noite tiña que camiñar sobre cadáveres para chegar ó baño. E os seus compañeiros contaban que metían a algúns deles en cámaras de gas e crematorios, onde os queimaban vivos, cousa que Vladek chegou a confirmar cos seus propios ollos.
Toda esa desgracia acabou coa vida das persoas ás que Vladek máis quería, Richieu, pais, irmáns, amigos...
Nunha tempada Vladek colleu a tifo, pero logrou recuperarse, pouco despois diso, a guerra rematara. Non soubo nada de Anja ata que se enterou de que estaba nun centro de xudeus de Auschwitz. Entón viaxou ata aló e reencontrouse de novo con Anja, coa que logo tería un novo fillo, Artie, o que escribe todo o que Vladek lle conta da guerra.
Foi un libro que realmente emociona, e para o que lle interese o tema creo que lle servirá de moito, xa que é moi detallado. O único que se fai un pouco complicado á hora de lelo é que Vladek, cando fala, só usa verbos impersoais e pon os adxectivos antes do nome.
Para que non te perdas: o autor debuxa ós xudeus coma ratos, ós alemáns coma porcos, ós nazis coma gatos, os franceses coma ras e ós americanos coma cans.
A min deume moita curiosidade polo tema e ensinoume moitas cousas que descoñecía. É moi longo, pero unha vez que empezas non o podes deixar, de feito, eu o primeiro día lin a metade do libro.