05/02/11

Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma...

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886. E moreu en Bos Aires-Arxentina, o 7 de xaneiro de 1950.

Foi narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político. Consideraba o castelán como unha lingua invasora, rexeitaba o separatismo e defendía a federalización de Galicia cos demáis pobos ibéricos como método para conseguir a liberdade de Galicia.

De 1900 a 1903, Castelao estudou no Instituto Xeral e Técnico o bacharelato de Artes e, entre 1903 e 1909, fixo a carreira de Menciña na Facultade da Universidade de Santiago de Compostela.

En 1912 casou con Virxinia Pereira Renda e tivo un fillo, Alfonso Xexús de Braga.

En 1920 fundou xunto con Vicente Risco e Otero Pedrayo a resvista "Nós", da que sería director artístico no ano 1923. 

En 1931 foi elixido deputado por Pontevedra nas Cortes Constituíntes e defendeu en Madrid iniciativas do programa galeguista. A finais dese ano 1931 Castelao contribuíu con numerosos mitins por todo o país á unificación e consolidación do noso nacionalismo. Porén, en 1934 foi desterrado a Badaxoz.

Ante a sublevación do 18 de xullo de 1936, permaneceu en Madrid ata outubro e dedicouse a organizar unhas milicias galegas en colaboración co Partido Comunista de España. A finais deste mes marchou a Barcelona e, en novembro, a Valencia, onde se constitúe o Goberno da República. Neste tempo dedicouse, por un lado, a promover nas Cortes a aprobación do Estatuto e, por outro, a mobilizar ós galegos no bando republicano e facer propaganda a favor da República. Fixo moitas viaxes representando á República. No ano 38 embarcou coa súa dona a New York, onde estivo un ano ata que recibe a carta de residencia de Arxentina e así poder instalarse en Bos Aires.

En setembro de 1939 é nomeado Xefe do Partido Galeguista.
Na súa estancia en Francia maniféstouselle unha afección no fígado. En Arxentina, Castelao retomou a actividade política e participou en numerosos actos públicos, pero a comezos de 1949 diagnostícaselle un cancro de pulmón incurable. O 2 de xaneiro de 1950 ingresárono no Sanatorio do Centro Galego de Bos Aires. O 4 operárono pero non consegue recuperarse da operación e morre pouco antes da medianoite do 7 de xaneiro. Foi soterrado o día 9 no cemiterio da Chacarita de Bos Aires. Embalsárono para cumprir o seu desexo de, algún día, regresar a Galicia. Os seus restos mortais foron repatriados e levados para o Panteón de Galegos Ilustres, no convento de San Domingos de Bonaval-Santiago, o 28 de xuño de 1984.

En 1964 foi homenaxeado no día das letras galegas.

As súas obras máis importantes foron: "Os vellos non deben namorarse", "Galicia mártir" e "Diario 1921".