O día 30 de xaneiro celebrouse o 125º aniversario do nacemento deste gram defensor do galego, da democracia e do benestar dos galegos, a través dunhas ideas que hoxe en día seguen tendo vigor. Tamén foi crítico con conservadores e progresistas españois, incapaces de aceptar a pluralidade nacional do estado da democracia.
A miúdo Castelao vinculaba o futuro de Galiza ó futuro da Lingua Galega.
Alguns opinan que as súas ideas son tan actuais como incómodas para moitos; el pensaba que un pobo sometido á loita de dous idiomas acababa por non saber expresar o que sente.
No 1949 diagnostícaselle un cancro de pulmón incurable. O 2 de xaneiro de 1950 ingresárono no Sanatorio do Centro Galego de Bos Aires, no que foi imposible a súa recuperación. Os seus restos mortais foron repatriados e levados para o Panteón de Galegos Ilustres, no convento de San Domingos de Bonaval-Santiago, o 28 de xuño de 1984.
En 1964 foi homenaxeado no día das letras galegas.
Algunhas das súas obras máis importantes: "Os dous de sempre "(1934), "As cruces de pedra na Galiza" (1950), "Retrincos" (1934)...
E aquí vos deixo estas citas:
-"Denantes mortos que escravos."
-"Os galegos non protestan, emigran."
-"Castela non ten máis de tres séculos de antigüedade sobor das nacións de América."
-"O galego é a forma máis antiga das linguas neolatinas de Hespaña e a primeira que alcanzou un pleno desenrolo literario."