07/02/11

CASTELAO




Castelao (Rianxo 1886 – Bos Aires 1950) foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Pai do nacionalismo galego, na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX.

Estudou medicina en Compostela. Compaxinou o seu traballo como médico con colaboracións como ilustrador. Durante a súa etapa como médico rural en Rianxo diagnostícanlle unha tuberculose. Un ano despois reaparece a enfermidade e ten que ser operado dunha adenopatía laterocervical.
En 1912 casa con Virxinia Pereira Renda. Dous anos despois nace o seu único fillo, Alfonso Xesús de Braga. Pouco despois sofre un desprendemento de retina que o deixa case cego, pero unha operación devólvelle a vista.
A finais de 1927 sofre unha forte recaída da súa cegueira que lle fai perder a retina do ollo dereito e parte da do esquerdo, polo que ten que someterse a un duro tratamento. No seguinte ano morre o seu fillo, o que lle deixa tan abatido que deixa de escribir e debuxar durante case dous anos. Marchou coa súa dona á Bretaña, para estudiar os cruceiros bretóns.
No 1949 diagnostícaselle un cancro de pulmón incurable. O 2 de xaneiro de 1950 ingresárono no Sanatorio do Centro Galego de Bos Aires, no que foi imposible a súa recuperación. Os seus restos mortais foron repatriados e levados para o Panteón de Galegos Ilustres, no convento de San Domingos de Bonaval-Santiago, o 28 de xuño de 1984.
En 1964 foi homenaxeado co día das letras galegas.