Alfonso Daniel Manuel Rodríguez
Estatua de Castelao en Pontevedra. |
Castelao naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886.
Castelao foi considerado o pai do nacionalismo galego, era un home con moitas facetas entre elas a de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e tamén político. Estudou medicina en Compostela e estivo emigrado na Arxentina ca súa familia. Durante o seu paso pola universidade agroma os seus intereses polo debuxo e a pintura e en especial pola caricatura. Así como tamén pola música, pois tocaba na tuna.
Estivo exercendo como médico no rural terminando por especializarse en obstetricia. Os seus primeiros pasos na política daos en Rianxo formando dentro do Partido Conservador local liderado polo seu pai.
En 1912 casou con Virxinia Pereira Renda e tivo o seu único fillo Alfonso Xexús de Braga. Aprobou a oposición ao instituto xeográfico e estadística sendo o seu primer traballo en Pontevedra onde residiría ata 1936. En 1920 funda xunto con Vicente Risco e Otero Pedrayo a resvista Nós, da que sería director artístico no ano 1923. Xúntase con Vicente Risco e crean a Irmandade Nazonalista Galega (ING). Durante eses anos publica en diferentes medios (como na revista Céltiga ou Alma Gallega), viñetas e algúns textos.
En 1925 publícase o seu libro de debuxos Cincoenta homes por dez reás. A finais do 27 sufriu unha recaida da súa cegueira e tendo que someterse a un duro tratamento. No ano 1930 xorden en Galiza os primeiros movementos dirixidos a constitución do galeguismo político na que Castelao participa activamente a través do partido galeguista de Pontevedra. Preséntase como candidato independente por Pontevedra ás Cortes constituíntes da II República, resultando elixido deputado.
En xullo de 1933 foi nomeado académico de número da Real Academia Galega, a proposta de Marcelo Macías García, Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo, e o acto de ingreso realizouse en 1934. Nese mesmo ano foi nomeado Secretario político do partido. Como consecuencia das revoltas de Asturias dos anos 34 e da proclamación da República en Cataluña. O goberno consevador de Madrid tomou represalias contra calquera actuación da esquerda, o que supuxo o desmantelamento do Partido Galeguista co peche das súas sedes e a súa publicación A Nosa Terra Suspendida.
Castelao foi desterrado por medio dun traslado administrativo forzoso a Badaxoz a finais de outubro de 1934.
O 6 de setembro de 1935 púxose fin ao desterro tralas xestións do novo Ministro da Gobernación, Manuel Portela Valladares (que iniciara xa en abril) Castelao e Bóveda son repostos nos seus destinos en Pontevedra e reciben a homenaxe en desagravio de numerosos políticos e escritores. No 1936 constitúese a Fronte Popular, que acolle as reivindicacións autonómicas galegas, e, o 25 de xaneiro, o Partido Galeguista aproba a integración, decisión que produce a escisión de certos membros da dereita, como Risco, que se adhiren na Dereita Galeguista.
Nas eleccións celebradas en febreiro, a Fronte Popular consegue un notable éxito (en Galiza, 26 deputados, fronte a 9 do centro e 11 da dereita), e Castelao resulta elixido de novo deputado. Tras estes resultados puideron crearse de novo as condicións necesarias para a reactivación do Estatuto, e en maio convocado o plebiscito para o 28 de xuño. Finalmente, o Estatuto foi aprobado por unha amplísima maioría e unha alta participación (de case o 75%). Castelao marchou a Madrid xa a primeiros de xullo e agardou alí á Comisión que entregaría oficialmente o proxecto ó Goberno. Durante a súa estancia en Madrid colleu o inicio da guerra. Castelao xa nunca volvería a Galiza.
Ante a sublevación do 18 de xullo de 1936, permaneceu en Madrid ata outubro e dedicouse a organizar unhas milicias galegas en colaboración co Partido Comunista de España. A finais deste mes marchou a Barcelona e, en novembro, a Valencia, onde se constitúe o Goberno da República. Neste tempo dedicouse, por un lado, a promover nas Cortes a aprobación do Estatuto e, por outro, a mobilizar os galegos no bando republicano e facer propaganda a favor da República.
Fixo diferentes viaxes representando a República. No ano 38 embarcou coa súa dona a New York, onde estivo un ano ata que recibe a ansiada carta de residencia de Arxentina e así poder trasladarse a ese país para instalarse definitivamente en Bos Aires. Donde morreu o 7 de xaneiro de 1950. Os seus restos mortais foron repatriados e levados para o Panteón de Galegos Ilustres, no convento de San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela), o 28 de xuño de 1984, coincidindo co aniversario do plebiscito que aprobou o Estatuto de Galiza.
Castelao foi considerado o pai do nacionalismo galego, era un home con moitas facetas entre elas a de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e tamén político. Estudou medicina en Compostela e estivo emigrado na Arxentina ca súa familia. Durante o seu paso pola universidade agroma os seus intereses polo debuxo e a pintura e en especial pola caricatura. Así como tamén pola música, pois tocaba na tuna.
Estivo exercendo como médico no rural terminando por especializarse en obstetricia. Os seus primeiros pasos na política daos en Rianxo formando dentro do Partido Conservador local liderado polo seu pai.
En 1912 casou con Virxinia Pereira Renda e tivo o seu único fillo Alfonso Xexús de Braga. Aprobou a oposición ao instituto xeográfico e estadística sendo o seu primer traballo en Pontevedra onde residiría ata 1936. En 1920 funda xunto con Vicente Risco e Otero Pedrayo a resvista Nós, da que sería director artístico no ano 1923. Xúntase con Vicente Risco e crean a Irmandade Nazonalista Galega (ING). Durante eses anos publica en diferentes medios (como na revista Céltiga ou Alma Gallega), viñetas e algúns textos.
Busto de Castelao na Coruña |
En xullo de 1933 foi nomeado académico de número da Real Academia Galega, a proposta de Marcelo Macías García, Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo, e o acto de ingreso realizouse en 1934. Nese mesmo ano foi nomeado Secretario político do partido. Como consecuencia das revoltas de Asturias dos anos 34 e da proclamación da República en Cataluña. O goberno consevador de Madrid tomou represalias contra calquera actuación da esquerda, o que supuxo o desmantelamento do Partido Galeguista co peche das súas sedes e a súa publicación A Nosa Terra Suspendida.
Preme na imaxe! |
Castelao foi desterrado por medio dun traslado administrativo forzoso a Badaxoz a finais de outubro de 1934.
O 6 de setembro de 1935 púxose fin ao desterro tralas xestións do novo Ministro da Gobernación, Manuel Portela Valladares (que iniciara xa en abril) Castelao e Bóveda son repostos nos seus destinos en Pontevedra e reciben a homenaxe en desagravio de numerosos políticos e escritores. No 1936 constitúese a Fronte Popular, que acolle as reivindicacións autonómicas galegas, e, o 25 de xaneiro, o Partido Galeguista aproba a integración, decisión que produce a escisión de certos membros da dereita, como Risco, que se adhiren na Dereita Galeguista.
Nas eleccións celebradas en febreiro, a Fronte Popular consegue un notable éxito (en Galiza, 26 deputados, fronte a 9 do centro e 11 da dereita), e Castelao resulta elixido de novo deputado. Tras estes resultados puideron crearse de novo as condicións necesarias para a reactivación do Estatuto, e en maio convocado o plebiscito para o 28 de xuño. Finalmente, o Estatuto foi aprobado por unha amplísima maioría e unha alta participación (de case o 75%). Castelao marchou a Madrid xa a primeiros de xullo e agardou alí á Comisión que entregaría oficialmente o proxecto ó Goberno. Durante a súa estancia en Madrid colleu o inicio da guerra. Castelao xa nunca volvería a Galiza.
Tumba de Castelao |