04/11/10

Os cogomelos

Galicia en xeral e Ourense en particular son zonas de gran riqueza micolóxica.
Existen diversos xéneros de moito interés culinario que aparecen en importantes cantidades, un significativo número de exemplares que non presentan interés gastronómico, pero tamén hai nos nosos montes exemplares tóxicos e mortais.
Pese a esta riqueza, Galicia non ten tradición na recollida de cogomelos, e esta situación ponse de manifesto pola ausencia de nomes populares para a identificación de cogomelos, con algunhas excepcións, de xeito que en Galicia, reciben o nome latino.
Ademais, os cogomelos estiveron relacionados sempre coa maxia negra e a bruxería e ata hai moi pouco tempo non eran nin persoaxes de segunda nos fogóns ourensanos.
Por esta circunstancia, no recetario tradicional galego non aparecen os cogomelos por ningún sitio.
Para aproveitar a riqueza micolóxica de Galicia, nos anos oitenta comenzaron a organizarse actividades divulgativas, co obxetivo de dar a coñecer a todo o mundo os diversos xéneros que hai nas fragas ourensáns, para advertir dos tóxicos.
Os cogomelos teñen moitas propiedades nutritivas.
Son alimentos con un baixo contido calórico, 20 calorías por cada 100 gramos, gracias a seu alto contido de auga.Conteñen ergosterol, unha sustancia que se atopa nos texidos vexetais e que pode transformarse en vitamina D. Contan ademais con importantes cantidades de vitaminas do grupo B. Potasio, iodo ou fósforo son otras das riquezas que conteñen os cogomelos.
Os cogomelos deben recollerse en cestas, nunca en bolsas de prástico que os poidan danar.
Hai que tratar de retirar as partes que estén danadas e no caso de que as lamelas estén moi escuras ou maduras é mellor retiralas. Non se deben pelar, salvo os exemplares con cutícula viscosa ou amarga. Deben limparse cun pincel, brocha ou cun trapo e evitar dentro do posible o lavado con auga, xa que perderán neste caso algunhas das suas propiedades e aromas.