05/11/10


Asegúrovos que eu vivo nunha casa encantada, e vou contar cada detalle da miña casa.
Como vos podedes imaxinar é a típica casa enorme e encantada de todos os contos de medo, pero a miña ten algunhas certas particularidades que a fan distinta:  
pola cheminea, non que va, non sae fume nen nada, senon lume, por eso as veces, alí soemos facer barbacoas. No catavento en vez dunha galiña, temos un pabo non sei por que a verdade.


No faiado acumulamos moitas cousas, pero nel hai un baul misteriso que sempre está a brillar e por eso nunca fixo falta luz alí. Non temos lareira. Na miña casa hai tantas escadas que nin eu cheghei a contalas todas e iso que eu vivo alí. Temos unha adega, si, pero sospeitamos que o antigo dono da casa era un vampiro porque todos os barris están cheos de sangue. Non ai eira porque está na cima dunha montaña, agora xa sabedes por que collo o bus. Temos un balado enorme que rodea toda a casa. Como nadie se atrebe a acercarse non temos caixa do correo. Tampouco temos nen alboio nen piorno nen ponbal. Porque simplemente non viñan coa casa, e iso non ven a conto cunha casa encantada. Na nosa casa vive o espirito dun can e non precisamos canceira  porque desaparece cando lle peta. A nosa bufarda e a casa das arañas. Os cuartos son horribles pero moi grandes. A miña casa é fantasmagorástica.