Existen varias teorías sobre a orixe do nome do magosto: mentres uns coidan que vén do latín "magus ustus" algo así co significado "gran fogueira", outros pensan que "Magosto" deriva do latín "magro" coa equivalencia de grande, con algo de "magus", máxico o feiticeiro.
churrasco, augardente para a queimada...
As familias e os amigos reúnense e camiñan polos montes en busca dun lugar axeitado (escampado, encrucillada, longa laxa de pedra...) para facer unha cacharela, onde o lume non poida facer mal. Todos van cantando e disfrutando deste día de outono, á vez que recollen os materiais necesarios para prender o lume, como a palla, piñas, etc.
Cando o lume está acendido, pícanse as castañas para que non rebenten ca calor.
Xa ca cacharela apagada, amoreamos as brasas e poñemos unha parilla e nela un cilindro metálico con furados que poida xirar sobre o lume no que iremos colocando as castañas xa picadas. Darémoslle voltas cun pau longo de madeira ata que estén no seu punto.
As castañas tamén poden asarse no lume directamente.
Mentres se asan as catañas, os participantes fan cucuruchos con papel para poder collelas sen queimarse.As castañas tamén poden asarse no lume directamente.
Segundo crenzas antigas a castaña era como un símbolo da ánima dos defuntos. Tradicionalmente outono, castaña e defuntos aparecen asociados na festa dos magostos.
¡Celebremos este homenaxe ós castiñeiros e as castañas!