04/11/10

Imos de festa!

A semana pasada, como o día 22 era o cumpleanos de Tania, fumos ao Castañazo Rock. Estivemos buscando as entradas pola Coruña pero xa estaban esgotadas. Entón, pedímolas por correo ao Peggy Records, en Ourense. Antes de pedilas miramos os prezos, e como nos saía mellor o bono de dous días, collímolo. Saimos da Coruña o venres pola noite e xa fumos dereitas ao Hotel Mongay, onde encargáramos habitación facía un tempo.

 O sábado pola tarde inscribímonos nos xogos bravús que se celebraban o domingo. Pola noite había os seguintes grupos: Banda Bassotti, que viñan de Roma; Boikot, de Madrid; Ruxe-Ruxe, de Compostela e Alén de Chantada. O concerto que máis nos gustou foi Ruxe-Ruxe, porque ten unha música rock mesturada con sons galegos.
 O domingo pola tarde participamos nestes  xogos: o lanzamento de boina, que consiste en lanzala o máis preto do punto marcado; corrida de leiteiras, que consiste en levar as leiteiras dun punto a outro cunhas zocas e o mobemento de marcos, que trata de atopar cos ollos pechados o marco de pedra entre a palla seguindo as indicacións dos seus compañeiros.
 
E pola noite actuaron estes grupos: Obrint Pas, de Valencia; Fe de ratas, que viñan de Avilés; Dakidarría, de Nigrán; Guezos, Ourense e Cé-orquesta pantasma, de Vigo. O grupo que máis nos gustou foi Guezos, porque tiñan un estilo pop-folk moi interesante. E xa tivemos que vir para Coruña, moi trites e cansas por deixar toda aquela marcha.