04/11/10

Noite de tormenta.

Un día uns nenos descubriron unha casiña en ruínas no pobo. Chamabánlle " A casa do medo".
Propuxéronse ir a vela por dentro e saber se de verdade daba tanto medo, como outros rapaces da aldea, dicían. Primero quierían saber se alguén sabía algo desa casa.

Foron á casa de Rafa a falar co avó.
- (Achegándose á porta) Avó estas na casa?
- Si, estou xunto da lareira.
- Sabes algo da casa, que esta ó final do pobo?
-Si, sentádevos e eu os conto.
(sentáronse os tres)
-Nesa casa, vivía unha familia rica. Era a mellor casa do pobo. Tiñan unha eira moi grande, sebe ó redor da casa e tiñan a adega chea de cousas, como por exemplo: viños, xamóns...
Eu xogaba cos nenos desa casa ó escondite e os lugares onde case sempre escondíamosnos era: no piorno, no alboio e no pombal, onde eu caín varias veces subindo a escada.
Un día, empezou chover moi forte e eu tiven que marchar para a casa. Os meus amigos foron explorar o faiado e encontraron un libro. Empezou unha tormenta, con fortes relámpagos.
Un raio ía caer encima deles dende a bufarda e o libro, que era máxico, impediu que os nenos morreran. O libro quedou estragado. Dende aquela, a familia deixou a aldea e non volveron por aquí nunca máis.

Agora Rafa e os seus amigos, quedaron sorprendidos e por medo, non querían visitar esa casa en ruínas.