10/10/10

Un extrano acontecemento

Primeira semana das vacacións de verán ía eu co meu can e co meu amigo Pablo a inspeccionar unha enorme casa abandonada. Facía moito calor e suabamos moitísimo e como xa contarei máis adiante Pablo é un pouco esaxerado, tanto que dicía que había 52 graos. Cando estivemos diante da casa Lennon, o meu can, empezou a ladrar cos pelos da espalda de punta, iso non me inspiraba moita confianza,., pero seguín andando hacia ela.

Eu- Espero que o libro máxico que din quen hai na casa vala a pena.
Pablo- Iso espero, pero agora o problema é, como entramos na casa?.
Eu- Teremos que buscar unha ventá ou burato polo que pasar o malo que as ventás de abaixo tiñan un barrote de ferro. Temos que darnos présa, mans a obra. 

Mentras nós buscabamos Lennon dedicouse a facer covas polo xardín e uliscar por todos os sitios. Eu fun mirar por detrás da casa a mirar se había algunha árbore pola que chegar ás ventás de arriba.

Eu- Xa encontrín unha entrada, se subimos por esta árbore podemos entrar pola bufarda, que esta ao lado dese cataventos.
Pablo-Busquemos nese alboio se hai algo que nos sirva pala rompela.

De entre todas as ferramentas escollemos: un martelo, para romper a bufarda; unha lanterna, que sorprendentemente funcionaba; e unhas tenazas xigantes, por si había algún candado que nos molestase.

Pablo-Esta casa dáme calofríos. Sorte que esta lanterna ten 175v e podemos ver todo  con moita claridade. 
Eu-175v? Non sexas ridículo. Por certo non che dan noxo as moreas de teas da araña  que hai por todas partes?
Pablo-A min as teas de arañas dáme igual, dáme máis noxo encontrarme coas arañas cá fixeron.

                                                      TEMPO MÁIS TARDE
Eu-Aquí esta a última habitación que queda por rexistrar. Vamos que esta aquí ou non hai tal libro.

Ao acabar de rexistrar a habitación e sen resultados, saímos da casa polo mesmo sitio polo que entramos. Vimos un montón de covas polo xardín e a Lennon cerca do pombal escavando.

Pablo-Mira o que fixo o teu can. Mima driña, que profunda é esa cova, terá 80 cm de profundidade! E esa de aí tera 105cm!
Eu- Si,  si máis ou menos. Hei, que é iso que acaba de desenterrar Lennon?
Pablo-É un libro. Crees que sera o libro máxico que buscábamos?
Eu-Pode ser. Ten un aspecto un pouco raro. Vamos abrilo.
Pablo e eu-Que é esa luz? Aaaaaaaaaaahhhhhhhhhhhhhh.