10/10/10

Que dixo o vello?

Un día de tormenta pola mañá, Héctor ía por unha nova ruta con seu can Tomy. Encontrouse a un señor home sentado nun banco e aplaudindo, cando se acercou díxolle o señor:
- Ola, queres quedar pola noite?
e Hector respondeulle:
-Ti estás parvo? quen és?




O home díxolle que se chamaba Xoán e despois dun minuto que se chamaba Eustaquio.
- Sabías que ese cataventos sempre señala na misma dirección.
Díxolle o home tamén que dentro da casa había un libro máxico.


Héctor foi co seu can e abriu a cancela da casa a que sinalaba o cataventos, fixo un ruído extraño.
O can asustouse e meteuse dentro da canceira que estaba no fondo, e gritoulle que quedara queto.


Foi ata a porta principal abriuna e, apareceu no faiado! Enloqueceu e tirouse dos pelos.
Despois quixo saír pola bufarda para fora, pero apareceu no soto, e cando abriu unha porta para saír do soto, apareceu nun piorno escuro. Baixou unhas escaleiras e escoitou o can dentro da adega.
Unha máquina saiu do alboio, e un libro enriba intentou collelo e apareceu debaixo dunha caixa de correos.


Volveuse tolo gritando:
-Que pasa, e o libro? porque todo aparece e desaparece aaaaah!
Doíalle a cabeza e estaba sen pantalóns, teléfono, carteira...
Pero tiña unha nota que a leu:
Pero mira que es parvo! O libro non existe xa que sou un ladrón, e se viches algo fora do normal foi que na cancela tiña un gas para que adormeceras.

                                                     fin