10/10/10

CANDO FOMOS A CHINA

Este verán fomos a Shangai para visitar ó meu irmán que se tivo que ir alí por culpa do traballo. Tivemos moi mala sorte ao coller o avión xa que ese día facía mal tempo e a viaxe durou 16 horas de completo aburrimento.

Ao chegar ó piso do meu irmán o primeiro que fixemos foi desfacer as maletas e instalarnos. Como tiñamos moita fame e non tiñamos gana de cociñar fomos comer a un restaurante chinés. Eu pedín ramen, o meu pai aletas de tiburón e miña nai e o meu irmán pediron sushi. O malo foron os palillos que son moi complicados de manexar,,,,,,,,,, eu prefiro o coitelo eo tenedor de toda a vida. 

Ao día seguinte fomos comprar á calle Nanjin, que ten todo tipo de tendas; fomos ao mirardor  da torre Jin Mao, é o edificio máis alto que vin na miña vida (e con mellores vistas), ten unha altura de 420 m e 88 plantas; e por último fomos dar un paseo en barca polo río Huangpu, que ten unha lonxitude de 113km.    
......................................