04/10/10

Grupos como Ruxe-ruxe fan crecer a nosa cultura

Eu elixín este grupo porque penso que chama a atención entre o resto de bandas que cantan en galego.
Este grupo naceu en Aríns-Santiago, en 1996. 

Teñen unha música moi galega, con gaitas e todo tipo detes de instrumentos; pero á vez mesturada co rock and roll, con instrumentos eléctricos... creando así o folk-rock. Todo isto combinado cunha actitude en escena descarada e estilo punk.
A súa música extrínxese a cantar soamente en galego, falando do cotiá, sempe cun punto de vista máxico, parecido ao de "mago de oz", gran grupo tamén.
Tocan por toda a península e teñen aparecido moitas veces na televisión e na radio, incluso o seu tema "As escuras", chegou a ser votado en cuarto posto polos oíntes dunha radio polaca. Tamén, algunhas series de televisión e películas colleron cancións súas.

O seu novo traballo chámase "Na fura de diante", e xa é o sétimo que fan. Ruxe-ruxe é un dos oitenta e pico grupos, artistas e grandes orquestras (moi importantes en Galicia e fóra dela), que espectáculos Lito, unha das máis grandes empresas galegas, leva e comercializa.


Están a consolidarse como a proposta de rock en galego máis importante deste país.
En xeral, Ruxe-ruxe fai crecer, como moitos máis, a nosa cultura musical galega.