04/10/10

LUAR NA LUBRE

No ano 1986 nace LUAR NA LUBRE na cidade de A Coruña convertíndose co paso dos anos e o seu teimoso traballo nunha das formacións máis prometedoras e referenciais da música feita na Galiza. O traballo que desenrola a banda está enfocado dende a óptica de entender que a música é un dos factores culturais máis importantes para a afirmación do dereito á diferencia enriquecedora do pobo galego.
O grupo pretende que na Galiza predomine a súa cultura ainda que non rexeita influenzas que melloren a súa proposta sen deturpar o carácter central do seu proxecto.

O proxecto baséase fundamentalmente nas músicas de raiz galegas polo que adican especial atención ao estudo dos cancioneiros galegos así como ao traballo de campo que lles proporciona un fondo coñecemento sobre a realidade musical galega que tamén se revela determinante nas composicións propias.