16/10/10

Os cogomelos

Un cogomelo é un fungo pluricelular que adoita medrar en lugares húmidos e pouco soleados. Hai moitas especies de cogomelos, con diferentes características e que se dan en diferentes ecosistemas.
A época na que se fan visibeis en superficie é, para a maior parte deles, o outono, especialmente cando quenta o sol despois dunha choiva intensa. Aínda que algúns (o Champiñón e o Pleurotus) son cultivábeis todo o ano baixo certas condicións de iluminación, temperatura e humidade, a maior parte e os máis saborosos (níscaro, boleto, matacandil, etc.) só medran no monte e non se ten acadado o seu cultivo controlado. Un cogomelo comestíbel moi común no noso país é a zarrota.
A maior parte medran ao abeiro dunha árbore, ben no chan ou nas súas pólas.

Non se encontran os mesmos cogomelos en todas ás rexións nin son apreciados da misma forma en todos os sitios. Unha das rexións con máis tradicción ao consumo do cogomelo silvestre é a mediterranea. Nos seus bosques nace un gran número de especies comestibles; pero na practica a maioría dos consumidores limítanse a recollelos pero hay que ser un experto porque a maioría delas son velenosas coma a Amanita muscaria ou poden ser alucinoxenos coma os  psilocybin, psilocin ou muscimol.