17/10/10

Refraneiro popular (Os cogomelos)

A maioría dos refráns galegos fan referencia ó perigo que ten a inxestión de fungos se non se ten un coñecemento axeitado sobre micoloxía.
  • Cando fales dos cogomelos, fala dos malos e non terás preitos cos aconsellados.
  • Falar pouco, e mal, se de fungos tes que falar.
  • Vale máis fungo perdido ca comido.
  • Fungo regalado con discreción tírao.
  • Cogomelo murchado, xa rexeitado.
  • O que de cogomelos se farta, non lle ten medo a morte.
  • O fungo bo, pronto deixa de selo.
  • Se queres morrer, a cegas fungos coller.
  • Dun erro, faise un enterro.
  • O peor do erro é o enterro.
  • Moito tes que saber para cogomelos comer.
  • Comer cogomelos con aprehensión, fanche dano aunque sexan bos.
  • Orellos, cuncos e pantorras, escaldas para que non morras.
  Se queredes ver unha noticia sobre os menores envelenados a causa dos fungos, que acorreu fai pouco, premede aquí (noticia en castelán).

O rebentabois (Amanita muscaria) é un cogomelo tóxico

Boletus edulis, fungo comestible