16/10/10

A recoller cogomelos!

Xa chega a tempada de recoller os cogomelos, e para iso hai que estar ben informado. Normalmente podes encontralos en lugares húmidos.

->>O que debes saber á hora de recollelos<<-:

-Utiliza cestiños de mimbre para recollelos e así deixar que se ventilen.
-Non collas exemplares pequenos.
-Se non os coñeces ou non estás seguro de que se poidan comer, non os comas.
-Se tes algunha dúvida de envelenamento ou intoxicación podes chamar a este número: 915620420 "Instituto Nacional de Toxicoloxía".
-Non collas as que estén rotas.
-Separa as que sabes que son comestibles das que non.

Aquí tes algunhas especies raras de cogomelos cos seus nomes científicos, onde e cando podes recollelas: 

*Isaria farinosa: Abunda en Vila de Cruces dende outono ata primaveira.*Helvella confusa Harmaja: Abunda en Bahamonde-Lugo en primaveira.*Geastrum sessile: Abunda en Camariñas no outono e principios do inverno.*Diatrypella quercina: Abunda en Boqueixón durante todo o ano.*Dendropoliporus umbellatus: Abunda en Zas a finais do verán.*Cystolepiota bucknallii: Abunda en Grandas de Salime-Asturias a finais de verán e outono.*Cortinarius orellanus: Abunda en Santiago a finais do verán e outono.*Coprinus acuminatus: Abunda en Guitiriz no outono.*Collybia cookei: Abunda en Guitiriz en outono.*Clavaria fumosa Pers. Fr.: Abunda en Carril no outono e principios de inverno.