16/10/10

A moza da curva (Lenda Urbana)

Era unha noite escura de inverno na que a néboa impedía ver correctamente as liñas da estrada. Un home conducía de volta a casa tentando vencer o sono despois dun longo día de traballo, cando viu unha moza misteriosa parada nunha curva da estrada. 

Encontrábase vestida coma un pantasma.O home, pensando que tratábase dunha víctima dun accidente de tráfico, parou o coche para axudala. A muller, en silencio, subíu ao vehículo. Mentres que o condutor tentou dar a conversa, a rapaza permaneceu en silencio. Queda. Inmóvil. "Coidado coa curva", dixo despois dun tempo. Non obstante, na estrada non parecía que houbese algún accidente. De súpeto, unha curva pechada foi visible a través da néboa e obrigou ao home a virar o volante. O coche quedou atravesado na mitad da estrada e o rapaz, asustado, mirou para o asento de atrás e preguntou: "Estás ben?". Pero alí na parte traseira, non había ninguén. A rapaza xa non estaba.


A lenda conta que a muller soe aparecer nas estradas de Cataluña cunha mochila ao lombo.

Aquí deixovos un vídeo sobre esta lenda.