30/10/10

Unha boa festa!

O venres pola mañán, un grupo de amigos iniciamos a viaxe cara Chantada (Lugo) nunha furgoneta de empresa do pai dun amigo. Levamos uns sacos de durmir, pois a nosa idea era aloxarnos de balde nun pavillón de deportes que habilitaba a organización do evento. Unha vez alí compramos as entradas en taquilla que costárannos 18€ un bono para os dous días (sábado e domingo). 


Ruxe-Ruxe
Das bandas que actuaron o sábado (Boikot, Banda Bassotti, Ruxe-Ruxe e Alén) a que máis me gustou foi Ruxe-Ruxe porque era unha banda de punk que tocaba moi ben. O domingo tamén tivemos actuacións de máis bandas: Obrint Pas, Fe de Ratas, Guezos, Dakidarría e Cé-Orquestra Pantasma. E destas a que me gustou foi Guezos, unha banda ourensán que tocaba pop-folk. O ambiente foi bastante tranquilo había xente de toda galiza e incluso estivemos a falar con xente que viña dende León e de Asturias.



Leiteira
Inscribímonos nun stand de venta de camisolas para participar en todo tipo de xogos e dixeronnos que formáramos un quipo de catro persoas. Apuntámonos á corrida de leiteiras que consistía en levar as leiteiras dun punto a outro calzando unhas zocas, pero porsuposto cun tempo marcado, gañaba o equipo que máis relevos conseguía dar. Neste xogo pasámolo moi ben e rímonos moito. A mín o xogo que máis me gustaba dos tradicionais era a rá, que por certo eu xa xogara en quinto; en ximnaxia.

O luns ao mediodía arrancamos para Coruña pero levamos algúns recordos como: camisetas, gorras, bolígrafos, etc. Invítovos a que vaiades o ano que ben, porque asegúrovos que é unha esperiencia inolvidable.