28/10/10

UN CONCERTO INOLVIDABLE (CASTAÑAZO ROCK)

O venres fomos cuns amigos ao Castañazo Rock 2010, en Chantada, Lugo. Compramos as entradas en Discos Portobello que está na rúa Ciega. Saímos ás doce da mañá e viaxamos en autobús que aproximadamente, durou unhas dúas horas e media.
Ó chegar o primeiro que fixemos foi buscar un lugar onde comer uns bocadillos. Depois fomos mirar onde durmir, pero como todo era moi caro, durmimos de balde no Pavillón de deportes do IES Val do Asma. Pola noite fomos a ver os concertos.
Os que tocaban eran: Banda Bassotti, Boikot, Ruxe-Ruxe e Alén.
O que máis nos gustou foi Ruxe-Ruxe porque a súa música, ten un toque de rock e músicas tradicionais galegas.
Os nosos amigos, apuntáronse algúns dos xogos que facían. Nós non queríamos, xa que non tiñamos moitas ganas.
Participaron en: Turra-Soga, que perderon contra uns cachimáns que tiñan moita forza; e no xogo do trompo, que gañaron por goleada.
Pásamolo moi ben. A verdade e que temos moitas ganas de volver para o ano.