O venres pola tarde emprendín cun grupo de amigas a viaxe ao festival Castañazo Rock, en Chantada, Lugo.
Esta xa é a oitava edición, é curioso como se creou este festival, naceu nun grupo de amigos que por mor do aburrimento, e de que viron que Chantada demostraba ter unha grande aficción polo rock, crearon o seu propio festival.
A verdade, é que eu oín falar moito del, porque alí vive unha tia miña, pero nunca fora, e este ano animeime.
O aloxamento xa o tiña (na casa da miña tia), e as entradas tamén, xa que mas mercou ela no Pub Besto Bravo, que está na rúa Castelao, preto da casa dela.
O Sábado despois de comer dirixinme cas miñas amigas ao pavillón, ese día actuaban as seguintes bandas: Boikot, Banda Bassotti, Ruxe-Ruxe e Alén. Gustáronos todas, pero a min en particular gustoume Alén, unha banda de rock contemporáneo que dá renda solta as súas inquietudes musicais. Despois do concerto fixemos unha parada no stand de camisolas para inscribírnos aos xogos, as miñas amigas e mais eu eliximos o de: LANZAMENTO DE BOINA e TURRA-SOGA. Pasamolo moi ben, sobre todo, tirando da soga.
Xa cansas fúmonos para a casa a durmir, mañá esperábanos outro gran día.
O domingo xa recuperadas do día anterior, non quixemos perder tempo e voltamos a festa, nesta ocasión actuaban: Obrint Pas, Fe de Ratas, Guezos, Dakidarria e Cé-Orquestra Pantasma. O grupo que máis me impresionou foi Guezos, porque a música que fan é unha mezcla de rock, rumba, funk e folk. Aquí vos deixo un vídeo cunha das cancións que máis me gustou.
Se queredes que vos diga a verdade, foi un fin de semana esgotador, pero, mereceu a pena vir; xa lle prometín a miña tia que voltaría o próximo ano.
Se queredes que vos diga a verdade, foi un fin de semana esgotador, pero, mereceu a pena vir; xa lle prometín a miña tia que voltaría o próximo ano.